Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 12 de xaneiro de 2015 pola que se notifica a reclamación de custos ocasionados pola reparación da varanda da zona portuaria de Vilanova de Arousa.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a Transportes José Núñez Barros, S.A. con CIF A36020881 como propietaria do autobús con matrícula 8928-CRT, a reclamación dos custos ocasionados pola reparación da varanda de zona portuaria de Vilanova de Arousa, como consecuencia do accidente acaecido o día 13 de xaneiro de 2014 e documentado na acta levantada pola celadora gardapeiraos, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido situado na rúa Hospital, 35, 36630 Cambados (Pontevedra).

O importe dos custos derivados da reparación da varanda da zona portuaria de Vilanova de Arousa, executada de maneira subsidiaria por razóns de urxencia ascende á cantidade de douscentos trinta e cinto con noventa e cinco euros (235,95 €), IVE incluído.

A reclamación efectúase ao abeiro do artigo 66 do Regulamento de servizo e policía portuarios do 12 de xuño de 1976, e dos artigos 96, 97, e 98 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Na súa virtude requírese a Transportes José Núñez Barros, S.A. con CIF A36020881, para que proceda nos prazos previstos no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, a aboar a cantidade de douscentos trinta e cinto con noventa e cinco euros (235,95 €), IVE incluído.

Para o pagamento da dita cantidade deberá empregarse o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia sitos na Área Central, praza de Europa, portal 5-A de Santiago de Compostela, número de teléfono 902 40 08 70.

De non se aboar esta cantidade no prazo sinalado, será exixida pola la vía de constrinximento.

O expediente completo está nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia onde poderá ser examinado en horario das 9.00 ás 14.00 horas.

A reclamación que efectúa a Dirección do ente público e que ten eficacia executiva, non esgota a vía administrativa polo que contra ela cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente de Portos de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación.

E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2015

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia