Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 2015 Páx. 4083

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes tramitados nesta xefatura.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria de Lugo, rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Lugo, 14 de xaneiro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Nº. expediente

Acto que se notifica

Concello

Reysol Gas, S.L.

IN635C 2014/15-2

Proposta de resolución

León

José César Fernández Fernández

IN635C 2014/22-2

Proposta de resolución

Valdefresno

Jahreswagen Centre, S.L.U.

IN635C 2014/32-2

Proposta de resolución

Lugo