Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 2015 Páx. 4084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2015, do Servizo de Vixilancia e Inspección, polo que se notifica a resolución do procedemento sancionador S-P-07.14, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada dúas veces a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo a resolución do procedemento sancionador S-P-07.14, por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en Pontevedra, sitas na rúa Fernández Ladreda 43-6º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e a constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso de alzada ante o secretario xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2015

Mercedes Domínguez Francisco
Xefa do Servizo de Vixilancia e Inspección

ANEXO

Nº de expediente: S-P-07.14.

Persoa interesada: Teresa Fidalgo López.

Documento de identificación: 36044460X.

Último enderezo coñecido: Laxe do Prado 49, lugar de Vilanova, parroquia de Hío, concello de Cangas (Pontevedra).

Acto de notificación: resolución sancionadora.

Feitos imputados: infracción en materia de protección do patrimonio cultural.