Faise pública a Decisión do 2 de xaneiro de 2015 de non someter a modificación puntual do Plan especial de reforma interior do núcleo histórico de Ourense para a supresión da unidade de execución número 14, Concello de Ourense, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, en cumprimento do disposto no artigo 4 da dita lei.
Esta decisión pódese consultar no seguinte enderezo da internet:
http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave introducindo o código 1680/2014.
Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2015
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental