Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 2015 Páx. 4077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente sancionador por infracción da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos (expediente ANP-CO-0151/2014-V).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 8º andar
(A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 30 de decembro de 2014

José Antonio Álvarez Vidal
Jefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: ANP-CO-0151/2012-V.

Denunciada: Ainhoa Márquez García.

Acto de notificación: acordo de iniciación.