Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 2015 Páx. 4088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 23 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014196TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 24 de novembro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou resolución do expediente sancionador 2014196TA-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Labaza Cooperativa Galega, con CIF F27780600, como titular do establecemento Cafetería Desafío.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 59 da Lei 30/1992,
do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non puido practicar, polo que, mediante esta cédula, se lle notifica a Labaza Cooperativa Galega o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para presentar recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; rúa Fernández Ladreda, número 43, 1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte. Todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, e do Banesto, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 23 de decembro de 2014

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2014196TA-PO.

Denunciada: Labaza Cooperativa Galega, con CIF F27780600, como titular do establecemento Cafetería Desafío.

Último enderezo coñecido: Cafetería Desafío-Labaza Cooperativa Galega. Rúa Paseo Matutino, número 35, 36860 Ponteareas (Pontevedra).

Feito imputado: infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos infrinxidos:

– Artigo 3.3. «En todos os establecementos en que estea autorizada a venda e subministración de produtos do tabaco instalaranse en lugar visible carteis que, de acordo coas características que sinalen as normas autonómicas no seu respectivo ámbito territorial, informen, en castelán e nas linguas cooficiais, da prohibición de venda de tabaco aos menores de dezaoito anos e advirtan sobre os prexuízos para a saúde derivados do uso do tabaco...».

– Disposición adicional terceira da Lei 28/2005, que establece que nos centros ou dependencias nos que existe prohibición legal de fumar deberán colocarse na súa entrada, en lugar visible, carteis que anuncien a prohibición do consumo de tabaco.

Tipificación: dúas infraccións administrativas tipificadas como leves nos artigos 19.2.b)
e 19.2.d) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do
tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción imposta: cento cincuenta euros (150 €).