Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 2015 Páx. 3622

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1120/2014).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento número 1120/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura López Fernández contra a empresa Richy&Enzo Construcciones, S.L.U., sobre despedimento, se expediu a seguinte cédula de citación:

Cédula de citación

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 1.

Asunto que se acorda: despedimento/cesamentos en xeral 1120/2014.

Persoa que se cita: Richy&Enzo Construcciones, S.L.U., como parte/s demandada/s.

Obxecto da citación:

Asistir nesa condición ao/os acto/s de conciliación e, de ser o caso, xuízo, concorrendo a tales actos coas probas de que tente valerse e tamén, se a parte contraria o pide, e o/a tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer:

Deben comparecer o día 9.2.2015, ás 11.35 horas, na planta 4, sala 9, Edificio Xulgados, ao acto de conciliación ante o/a secretario/a xudicial e, no caso de non avinza, o día 9.2.2015, ás 11.35 horas, na planta 4, sala 9, Edificios Xulgados, ao acto de xuízo.

Prevencións legais:

1º. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, que continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a sua defensa e/ou representación-procurador ou graduado social para a súa representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que tente valerse (artigo 82.3 LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos deberá achegar ao xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán, así mesmo, solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, tendo que practicarse nel, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.3 LXS).

4º. Advírtese que a parte demandante solicitou como probas: interrogatorio.

Xa que se solicitou o interrogatorio de parte e que esta é persoa xurídica, deben facerse as advertencias que se conteñen nos artigos 91.3 e 5 da LXS. Conforme dispón o devandito precepto, o interrogatorio das persoas xurídicas privadas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio. Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade do devandito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente poderá acordarse dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta actuasen e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestaren xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

5º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimientos do artigo 53.2 LXS (artigo 155.5, parágrafo 1º, da LAC); fáiselle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberán comunicar, e antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que están convocados (artigo 183 LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación para evitar o proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar á data de sinalamento, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puidesen estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión salvo que de común acordo o soliciten ambas as dúas partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente que non poderá exceder os quince días.

En Lugo, 4 de novembro de 2014.

O secretario xudicial

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación á empresa Richy&Enzo Construcciones, S.L.U., expídese o presente edicto.

Lugo, 20 de xaneiro de 2015

O secretario xudicial