Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 2015 Páx. 3620

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (854/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

Sentenza nº 564/14

Na Coruña o dez novembro de dous mil catorce.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 854/2014 seguidos por instancia de José Miguel Balado Calvin asistido pola letrada Elva Mosquera Baamonde, contra a empresa Alfa Instant, S.A., que non comparece, sobre extinción de contrato e reclamación de cantidade.

Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de resolución de contrato que foi interposta por José Miguel Balado Calvin contra a empresa Alfa Instant, S.A. e, en consecuencia, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que vinculaba o demandante coa empregadora a data da presente, e condeno a empresa ao aboamento dunha indemnización de 12.250,98 euros.

Así mesmo, debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta polo demandante contra a mesma mercantil e, en consecuencia, debo condenar e condeno o demandado a que aboe o demandante a cantidade de 4.492,6 euros reclamada en demanda.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Alfa Instant, S.A., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, salvo as que revistan a forma de localización, sentenzas e autos.

A Coruña, 5 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial