Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 2015 Páx. 3616

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3714/2014).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 3714/2014-MFV

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 412/2013

Xulgado do Social número 5 da Coruña

Recorrente: María Eva Quián Regaldie

Avogado: Federico Novo Prego

Recorridos: Fogasa, Inveimar, S.A., Realve Gestión, S.L., Galnor, S.L., Admón. concursal entidade Galinor, S.L. (Benito Lobo Requejo)

Avogado: Ltdo. Fogasa, Mª Victoria Peña Pesquera (Inveimar, Realve), DOGA (Galnor), 15005 A Coruña (Ad. concursal)

M. Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3714/2014 desta sección, seguido por instancia de María Eva Qian Regaldie contra Fogasa, Inveimar, S.A., Realve Gestión, S.L., Galnor, S.L., Administración concursal entidad Galnor,S.L. (Benito Lobo Requejo) sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimamos o recurso de suplicación interposto por María Eva Quian Regaldie, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 da Coruña, con data do 13 de marzo de 2014, en autos 412/2013, seguidos por despedimento, que confirmamos en todos os seus termos. Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social. Modo de impugnación: fáiselle saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++)».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Galnor, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 30 de decembro de 2014

A secretaria xudicial