Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 2015 Páx. 3632

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria documentalmente simplificada, para a contratación do servizo da Oficina Técnica do Dividendo Dixital de Galicia (expediente 1/2015).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral de Medios da Presidencia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais.

c) Número de expediente: 1/2015.

d) Enderezo web do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21922

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación do servizo da Oficina Técnica do Dividendo Dixital de Galicia.

b) División por lotes: non.

c) Prazo de execución: un (1) ano.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 148.760,33 €, máis 31.239,67 € en concepto de IVE, o que supón un total de 180.000,00 €.

5. Garantías: provisional (non). Definitiva: si (o 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE).

6. Lugar e prazo de presentación de proposicións:

a) Data límite de presentación: quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG (ás 14.00 horas).

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares e folla de especificacións técnicas.

c) Lugar de presentación:

• Rexistro Xeral da Xunta de Galicia. Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

• Por correo na forma indicada no artigo 80.4 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións, aprobado polo Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro (fax: 981 54 12 89).

7. Obtención da documentación e da información:

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no enderezo da internet http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21922, así como nas dependencias da Secretaría Xeral de Medios, no Edificio Administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela (A Coruña).

8. Apertura de proposicións:

Anunciarase no perfil do contratante a convocatoria das mesas públicas para a apertura dos sobres B e C.

9. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación:

Os sinalados na punto 10 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Importe do anuncio relativo a esta contratación:

Será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con anterioridade á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2015

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios