Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 2015 Páx. 3634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se anuncia a contratación de servizos para a elaboración dunha creatividade necesaria para o desenvolvemento das distintas campañas institucionais en datas de especial relevancia, anos 2015 e 2016, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

A Secretaría Xeral de Medios, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar a contratación que se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral de Medios.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo para a elaboración dunha creatividade necesaria para o desenvolvemento das distintas campañas institucionais en datas de especial relevancia, anos 2015 e 2016.

b) Nº de expediente: PA 1/2014.

c) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 28 de decembro de 2016.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación: 190.500 €, máis 40.005,00 € en concepto de IVE, o que supón un total de 230.505 €.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Lugar e prazo de presentación de proposición.

a) Data límite de presentación das ofertas: quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

b) Lugar de presentación de proposicións: no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela ou por correo, de acordo coa normativa vixente. Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Documentación que deben presentar os licitadores: a exixida no prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo T, subgrupo 1, categoría B.

7. Obtención de documentación e información.

a) Nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

b) Teléfono: 981 54 12 91, fax: 981 54 12 89.

c) Correo electrónico: proveedores.sxmedios.pr@xunta.es

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21924

e) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día do prazo de presentación das proposicións.

8. Apertura das ofertas.

Anunciarase no perfil do contratante a convocatoria das mesas públicas para a apertura dos sobres B e C.

9. Gastos de publicidade.

O importe do anuncio relativo a este concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2015

María del Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios