Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2015 Páx. 3395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2014, do Servizo de Mobilidade de Lugo, pola que se somete a información pública o expediente de modificación do contrato de xestión de servizo público de transporte regular de uso xeral de viaxeiros por estrada V-0965; XG-058 Viveiro-Mondoñedo, con anexo.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse, por solicitude da empresa contratista, expediente de modificación do seguinte contrato:

V-0965; XG-058 Viveiro-Mondoñedo, con anexo.

Contratista: Juan Ramón Méndez Fernández.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, 2º andar), efectuar as alegacións que coiden oportunas no prazo de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo mobilidade.lugo@xunta.es

Lugo, 4 de decembro de 2014

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo