Segundo consta nos expedientes, intentada a práctica da notificación ás persoas que se citan no anexo, en relación cos expedientes sancionadores en materia de xogo L-3/14, L-4/14 e L-5/14, que se relacionan no anexo que se achega, non foi posible efectuala, polo que esta Dirección Xeral de Emerxencias e Interior acorda proceder á notificación das ditas resolucións por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Lugo, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro.
Os interesados poderán examinar as citadas resolucións completas no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma, 25-27, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
De acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra a resolución dos expedientes indicados, que non esgotan a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recursos de alzada ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, podendo interpor o dito recurso ou calquera outro recurso que consideren pertinente ao seu dereito ante esta dirección xeral e/ou ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2014
Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior
ANEXO
Expediente: L-3/14.
Interesado: Serafín Vázquez Costa.
DNI/NIF: 33308445Y.
Último enderezo coñecido: Carril das Hortas, 39-4º B, Lugo.
Data da resolución: 20 de novembro de 2014.
Tipificación e precepto infrinxido: moi grave. Artigo 28.n) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.
Sanción: 18.000,01 €.
Expediente: L-4/14.
Interesado: Gil Vázquez Vázquez.
DNI/NIF: 34247993G.
Último enderezo coñecido: Camiño Pipín, 13-1º, Lugo.
Data da resolución: 20 de novembro de 2014.
Tipificación e precepto infrinxido: grave. Artigo 29.j) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.
Sanción: 3.000,01 €.
Expediente: L-5/14.
Interesado: Nicolás Alfredo Sande Alonso.
DNI/NIF: 33237824H.
Último enderezo coñecido: rúa Río Ulla, 30-2º, Lugo.
Data da resolución: 20 de novembro de 2014.
Tipificación e precepto infrinxido: grave. Artigo 29.j) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.
Sanción: 3.000,01 €.