Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2015 Páx. 3396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 17 de decembro de 2014, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-01817-O-2014 e once máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa sobre transporte terrestre porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Infórmaselles que teñen dereito a alegar por escrito ante este Servizo de Mobilidade o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte do interesado e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 17 de decembro de 2014

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-01817-O-2014

0099-CPZ

Garda Civil 3601 P64763G

Seibama, S.L.

B15962384

Salorio Suárez, par. 213-1º,

15010 Coruña (A), Coruña (A)

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

16.4.2014; 20.15.00; PO-10; 1,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-02055-O-2014

2297-DFR

Garda Civil 3603 T20654Z

Transportes y Mudanzas Guaje, S.L., Unipersonal

B27751619

Avda. de Vigo, 153, Chapela,

36320 Redondela, Pontevedra

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

1.5.2014; 08.40.00; AP-9; 150,0

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-02213-O-2014

2549-GMH

Garda Civil 3603 A23980M

Torrafer Eventos, S.L.

B27753672

Rúa San Ignacio, nº 11,

36207 Vigo, Pontevedra

A realización de servizos de taxi ou de arrendamento de vehículos con condutor carecendo dos preceptivos títulos habilitantes ou con estes suspendidos, anulados, caducados, revogados, sen ter realizado o visado obrigatorio ou por calquera outra causa ou circunstancia pola que as referidas habilitacións expedidas para exercer a actividade xa non sexan válidas.

7.6.2014; 00.45.00; PO-400; 9,5

Art. 60.a) Lei 4/2013

Art. 63 Lei 4/2013

2.001 euros

PO-02311-O-2014

2549-GMH

Garda Civil 3603 A23980M

Torrafer Eventos, S.L.

B27753672

Rúa San Ignacio, nº 11,

36207 Vigo, Pontevedra

O incumprimento, por parte do titular do vehículo, da obriga de subscribir os seguros preceptivos.

7.6.2014; 00.45.00; PO-400; 9,5

Art. 60.f) Lei 4/2013

Art. 63 Lei 4/2013

2.001 euros

PO-02490-O-2014

1592-CGL

Garda Civil 3602 W13116X

Vieites Paz, S.L.

B36483386

Coron Vista Real, 41,

36620 Vilanova de Arousa,

Pontevedra

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas.

1.7.2014; 20.24.00; N-525; 295,1

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

PO-02495-O-2014

4345-GHD

Garda Civil 3602 W13116X

Construcciones Constenla Vea, S.L.

B36256386

Ramiráns 10, Santo Andrés de Vea,

36676 Estrada (A), Pontevedra

Realizar transporte público de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP.

9.7.2014; 17.35.00; N-525; 295,100

Art. 140.18 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

PO-02605-O-2014

8009-CCP

Garda Civil 3601 Q92637T

Excavaciones y Construcciones de Arousa, S.L.

B36400554

Tragove, 110, Corvillón,

36630 Cambados, Pontevedra

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico o dixital, que se estea utilizando.

24.7.2014; 09.33.00; PO-549; 2,5

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-02607-O-2014

8009-CCP

Garda Civil 3601 Q92637T

Excavaciones y Construcciones de Arousa, S.L.

B36400554

Tragove, 110, Corvillón,

36630 Cambados, Pontevedra

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibraxe ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

24.7.2014; 09.33.00; PO-549; 2,5

Art. 140.34 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-02608-O-2014

8009-CCP

Garda Civil 3601 Q92637T

Excavaciones y Construcciones de Arousa, S.L.

B36400554

Tragove, 110, Corvillón,

36630 Cambados, Pontevedra

A falta de consignación do lugar de comezo ou do final de utilización nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso.

A falta de consignación da lectura do contaquilómetros nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso, ao final da xornada.

24.7.2014; 09.33.00; PO-549; 2,5

Art. 142.4 LOTT

Art. 142.4 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

602 euros

PO-02747-O-2014

3776-FTC

Garda Civil 3603 V93728C

Transpobedasa 2012, S.L.

B94066073

Lugar de Valbón, Agudelo, 00013,

36191 Barro, Pontevedra

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 26 %.

18.7.2014; 20.09.00; A-55; 9,0

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.200 euros

PO-02927-O-2014

4345-GHD

Garda Civil 3602 W13116X

Construcciones Constenla Vea, S.L.

B36256386

Ramiráns 10, Santo André de Vea,

36676 Estrada (A), Pontevedra

Realizar transporte público de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP.

10.9.2014; 15.38.00; N-525; 295,1

Art. 140.18 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

PO-03340-O-2014

9967-BVJ

Garda Civil 3604 C73830V

Costa Outón, S.L.

B15375330

A Coruña, 7,

15145 Laracha (A), Coruña (A)

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

23.10.2014; 09.30.00; AP-9; 137,5

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros