Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 2015 Páx. 3254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, da subministración de equipamento diverso para emerxencias, destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes, que dipoñan de agrupacións de voluntarios de protección civil (seis lotes), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53, por procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Bloque nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 546 011 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 95 73 49.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es; jose.gil.bernabe.sanchez@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21842

8º. Data límite da obtención de documentación e información: 9 de febreiro de 2015, ás 14.00 horas.

d) Número do expediente: 2015-SUEI 01 a 06-EM.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: subministración de equipamento diverso para emerxencias, destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes, que dispoñan de agrupacións de voluntarios de protección civil (seis lotes), cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53.

c) División por lotes e número de lotes: seis.

Lote 1: adquisición de 40 vehículos todoterreo pick-up.

Lote 2: adquisición de 40 vehículos furgóns para transporte e loxística.

Lote 3: adquisición de 40 remolques para atención de emerxencias.

Lote 4: adquisición de 16 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate.

Lote 5: adquisición de 30 esparexedores de sal adaptados a remolques ou vehículos todoterreo.

Lote 6: adquisión de 20 remolques con carpas presurizadas para posto de mando avanzado.

d) Lugar de execución: o indicado na alínea M da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución: tres meses contados a partir do día seguinte ao da formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 34114100-0, 34114110-3, 34131000-4, 34115200-8, 342200000-5, 34522450-1, 34144420-8, 34220000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na alínea J da folla de especificacións do prego de clausulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato: 3.726.400,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 3.726.400,00 €.

Importe total: 4.508.944,00 €. Desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1: importe sen IVE: 1.440.000,00 €. Importe IVE (21 %): 302.400,00 €. Total: 1.742.400,00 €.

Lote 2: importe sen IVE: 1.080.000,00 €. Importe IVE (21 %): 226.800,00 €. Total: 1.306.800,00 €.

Lote 3: importe sen IVE: 703.000,00 €. Importe IVE (21 %): 147.672,00 €. Total: 850.872,00 €.

Lote 4: importe sen IVE: 216.000,00 €. Importe IVE (21 %): 45.360,00 €. Total: 261.360,00 €.

Lote 5: importe sen IVE: 145.200,00 €. Importe IVE (21 %): 530.492,00 €. Total: 175.692,00 €.

Lote 6: importe sen IVE: 142.000,00 €. Importe IVE (21 %): 29.820,00 €. Total: 171.820,00 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia: económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na alínea F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na alínea G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 9 de febreiro de 2015, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar en acto público ás 12.15 horas do día 19 de febreiro de 2015.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 30 de decembro de 2014.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2014

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza