Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 2015 Páx. 3259

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 7 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as resolucións ditadas nos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente RA/T/2009/00409 e once máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinaren a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

As multas deberanse facer efectivas, coa clave 390001, por calquera dos seguintes medios:

– NCG Novagalicia Banco.

– BBVA: transacción 1316, NIF S1511001H.

– Banesto.

– http://www.cixtec.es/conselleria

e de non facelo así procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Denunciante

Recorrente/Caucionista

Infracción cometida

Datos da denuncia: data;

hora; estrada; p.q.

Precepto infrinxido

Sanción imposta

Resolución do recurso

OU-00732-O-2007

RA/T/2009/00409

73-BV-42 / L-181433

Garda Civil 3203 L24919Z

Grupo Intergesaco

Non levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor durante a prestación do servizo.

17.2.2007; 19.21; N-532; 3,500

Artigo 140.22 LOTT

2.001 €

Estimación parcial, rebaixando a sanción imposta

XC-00008-O-2010

RA/M/2011/00210

22-EH-29 / C-67263

Garda Civil 1503 N-41519-R

Biostim, S.L.

Minoración superior ao 50 % nos períodos de descanso obrigatorio (descanso diario sobre 9 horas).

17.11.2009; 03.00; AP-9; 25,5

Artigo 140.20 LOTT

2.000 €

Estimación parcial, rebaixando a sanción imposta

OU-01410-O-2006

RA/M/2011/00457

64-27-TZ

Garda Civil 3203 V-46236-Y

H. Trucks Services, S.L.

Levar inserida unha folla de rexistro sen anotar o nome e os apelidos do condutor.

20.3.2006; 16.00; A-52; 124

Artigo 140.22 LOTT

2.001 €

Estimación parcial, rebaixando a sanción imposta

PO-00106-I-2011

RA/M/2012/00093

8919-FLP

Axente de Inspección PO/019

Jaisuyoma Arias Bastos, S.L.

A desatención total ou parcial ás instrucións dos membros da Inspección de transportes terrestres.

16.2.2011

Artigo 140.6 LOTT

801 €

Estimación parcial, rebaixando a sanción imposta

LU-01188-O-2012

RA/M/2012/00403

LU-5366-G

Garda Civil 2701 X17237T

Comercial Fraver, S.L.

A carencia das follas de rexistro, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos que exista a obriga de levar no vehículo.

1.6.2012; 16.00; A-6; 497,00

Artigo 140.24 LOTT

2.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

OU-00521-O-2011

RA/M/2013/00258

7789-CWF

Garda Civil 3203 L24919Z

Easo Direct, S.L.

A carencia das follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista obligación de levar no vehículo.

30.3.2011; 18.20; A-52; 150

Artigo 140.24 LOTT

2.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

XC-00528-O-2013

RA/M/2013/00330

6754-BFP

Garda Civil 1504 Z-27752-V

Ramón Blanco Porto

Non levar a bordo do vehículo a preceptiva carta de transporte para o transporte de mercadorías perigosas.

20.11.2012; 15.10; AP-9; 67,500

Artigo 140.25.4 LOTT

801 €

Estimación parcial, rebaixando a sanción imposta

LU-01870-O-2012

RA/M/2014/00009

7341-GRP

Garda Civil 2701 C30220X

Transportes Arrive Is S-20, S.L.

Exceso de peso, sobre a masa máxima autorizada, superior ao 25 % en vehículos de ata 10 toneladas de peso.

3.11.2012; 08.26; N-VI; 543,800

Artigo 140.19 LOTT

3.301 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

LU-01194-O-2012

RA/M/2014/00019

1834-DFJ

Garda Civil 2702 U89694K

Transportes Oza, S.L.

A carencia das follas de rexistro, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista a obrigación de levar no vehículo.

2.6.2012; 16.50; A-6; 500,00

Artigo 140.24 LOTT

2.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

PO-00491-O-2012

RA/M/2014/00078

1877-CDL

Garda Civil 3601 U62963U

Transportes Osara, S.L.

Carecer do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

15.2.2011; 11.01; PO-316; 1,8

Artigo 140.26.2 LOTT

2.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

LU-00410-O-2012

RA/M/2014/00150

C-4811-BM

Garda Civil 2701 X17237T

Transportes Ramos Piñeiro, S.L.

A carencia das follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos que exista obrigación de levar no vehículo.

16.2.2012; 10.30; N-VI; 493,900

Artigo 140.24 LOTT

2.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

XC-02163-O-2013

RA/M/2014/00279

PO-0588-BD

Garda Civil 1525 C89317F

Edrogal, S.L.

Exceso de peso superior ao 25 % (57 %), sobre a masa máxima autorizada, en vehículos de ata 12 toneladas de peso.

9.4.2013; 08.14; AC-12; 0

Artigo 140.23 LOTT

4.000 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta