Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 2015 Páx. 3250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, da subministración de vehículos e motocicletas destinados aos concellos de menos de 50.000 habitantes, que conten con corpo de Policía local (dous lotes), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53, por procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2) Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, bloque nº 1, 2º andar.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfonos: información de índole técnica: 981 54 60 15 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 95 73 49.

5) Telefax: 981 54 42 39.

6) Correos electrónicos:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es; jose.antonio.fernandez.lopez@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21841

8) Data límite da obtención de documentación e información: 9 de febreiro de 2015, ás 14.00 horas.

d) Número do expediente: 2015-SUEI 06-07-AMP.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: subministración de vehículos e motocicletas destinados aos concellos de menos de 50.000 habitantes, que conte con corpo de Policía local (dous lotes), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53.

c) División por lotes e número de lotes: dous.

Lote 1: adquisición de 50 vehículos tipo turismo.

Lote 2: adquisición de 26 motocicletas tipo trail.

d) Lugar de execución: o indicado na alínea M da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución: tres meses contados a partir do día seguinte ao da formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 34100000-8, 3441000-4.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na alínea J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato: 884.297,52 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 884.297,52 €.

Importe total: 1.070.000,00 €. Desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1. Importe sen IVE: 723.140,50 €. Importe IVE (21 %): 151.859,50 €. Total: 875.000,00 €.

Lote 2. Importe sen IVE: 161.157,02 €. Importe IVE (21 %): 33.842,98 €. Total: 195.000,00 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista.

b) Clasificación: non se exixe.

c) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na alínea F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na alínea G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 9 de febreiro de 2015, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2) Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, bloque nº 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar en acto público ás 12.00 horas do día 19 de febreiro de 2015.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 30 de decembro de 2014.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2014

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza