Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 2015 Páx. 2929

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (585/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 585/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcelino Ríos Sánchez contra Hermanos Seoane, S.L. ditouse a seguinte resolución:

Decido que, estimando a demanda interposta por instancia de Marcelino Ríos Sánchez contra a entidade Hermanos Seoane, S.L. e o Fogasa:

– Debo declarar e declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral existente entre o demandante e a demandada.

– Debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado pola demandada con data de efectos do 1.9.2014, con declaración de extinción, así mesmo, da relación laboral polo devandito despedimento por non ser realizable a readmisión.

– Debo condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao traballador a suma de 8.934,30 euros en concepto de salarios debidos, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade.

– Debo condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao traballador a suma de 35.454,92 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual na data da presente resolución.

– Condeno a empresa demanda a que aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento (1.9.2014) á data da extinción da relación laboral no día de hoxe (29.12.2014) a razón de 50,38 €/día, o que dá a cantidade de 6.045,60 euros.

– Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2014

A secretaria xudicial