Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 2015 Páx. 2931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións, Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación do servizo de mantemento dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e a subministración enerxética prestacional do Complexo Administrativo de San Caetano, polo procemento aberto, adxudicación baseada en multicriterios e tramitación anticipada e ordinaria.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 42 74 y 981 54 42 85 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 54 45 48.

5. Telefax: 981 54 42 39.

6. Correo electrónico:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es, emilio.jose.iglesia.lema@xunta.es ou

juan.luis.ecenarro.tome@xunta.es

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21775

Data límite da obtención de documentación e información: 13 de xaneiro de 2015, ás 14.00 h.

d) Número do expediente: 2015-SESE 03-PL.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de mantemento dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e a subministración enerxética prestacional no Complexo Administrativo de San Caetano, relacionados no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) Lugar de execución: nos puntos indicados nos pregos.

e) Prazo de execución: axustarase ao indicado na alínea K da folla de especificacións.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 50700000-2. Servizos de reparación e mantemento de equipamentos de edificios.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: anticipada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na alínea J da folla de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 19.415.142,25 € (IVE excluído) incluídas as posibles modificacións.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 11.766.752,88 €.

Importe total: 14.237.770,96 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo P, subgrupos 1 e 3, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse, para empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea, polos medios sinalados na alínea F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse, para empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea, polos medios sinalados na alínea G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 7 de febreiro de 2015, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea C deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1. Dependencia: Oficina de Rexistro Único e Información do Complexo Administrativo San Caetano.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: sala de xuntas «D» do Complexo Administrativo de San Caetano. Edificio da Pirámide.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano. Soto.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público, apertura do sobre B «Documentación relativa aos criterios non avaliables de xeito automático», terá lugar ás 12.00 horas, o día 17 de febreiro de 2015. O lugar, día e hora do segundo acto público, «Lectura da avaliación do sobre B» e de apertura do sobre C «Documentación relativa aos criterios avaliables mediante fórmulas», indicarase oportunamente no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 29 de decembro de 2014.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2014

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza