Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2015 Páx. 2511

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO (expediente 1810/433).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 5 de decembro de 2014, acordou aprobar o expediente patrimonial e o prego de condicións administrativas para o alleamento por poxa pública á alza en sobre pechado da parcela 156 do IPMS, sita na rúa Miragaia, e dispor a apertura do procedemento de adxudicación e a súa publicación mediante anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (expediente 1810/433).

Datos xerais do procedemento:

Órgano de contratación: Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, con domicilio na praza do Rei, s/n, Vigo (Pontevedra).

Parcela que se vai allear: parcela 156 do IPMS que se corresponde co soar nº 5 da
«UE I-06 Rosalía de Castro II».

Garantía provisional: 5 % do tipo de licitación.

Modalidade de alleamento: poxa pública á alza na súa modalidade de sobre pechado.

Lugar de consulta do prego e documentación: oficinas e perfil do contratante da Xerencia de Urbanismo https://sede.vigo.org/expedientes/perfilcontratante.

Prazo de presentación de propostas: 30 días naturais desde a publicación do último anuncio.

Lugar de presentación de propostas: luns a venres: Rexistro da XMU, das 9.00 ás
13.30 horas. Sábados: Rexistro do Concello de Vigo, das 9.00 ás 13.00 horas.

*Presentación por correo ou formas do artigo 38.4 da Lei 30/1992: deberá xustificarse a data de presentación e anunciar a presentación no mesmo día ao órgano de contratación por fax ou telegrama. Nº de fax: 986 22 47 80.

Forma de presentación de propostas: a indicada no número 8.2 do prego de condicións, consonte os modelos anexos ao prego.

Lugar, día e hora do acto público de apertura de ofertas: na sede da Xerencia Municipal de Urbanismo, ás 10.00 horas do primeiro martes seguinte ao de finalización do prazo de presentación de proposicións. As posibles variacións serán publicadas no perfil do contratante.

Descrición da parcela:

Parcela 156 PMS: soar 5 «UE I-06 Rosalía de Castro II».

Situación: rúa Miragaia.

Referencia catastral: 3965029NG2736S0001LB.

Superficie solo: 329 m2-superficie edificable: 3.030 m2.

Inscrita no Rexistro da Propiedade Vigo nº 1, tomo 1422, libro 1422, folio 59, predio rexistral: 80118.

Cargas e gravames: véxase a descrición completa.

Tipo de saída: 1.096.934,25 euros (máis IVE).

Vigo, 19 de decembro de 2014

Mª del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada de Urbanismo, Cascos Históricos, Grandes Proxectos, Patrimonio, Economía e Facenda