Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2015 Páx. 2510

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de información pública sobre edificación de nave destinada a garaxe, taller de reparación e mantemento de maquinaria de obra pública e vivenda unifamiliar no Hospital (Xallas de Castriz).

Ao abeiro da Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2001, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tramítase por instancia de José María Souto Maroñas, veciño do Hospital-Xallas de Castriz, o recoñecemento da edificación de nave destinada a garaxe, taller de reparación e mantemento de maquinaria de obra pública e vivenda unifamiliar, sitos no lugar do Hospital, parroquia de Xallas de Castriz. De acordo coa documentación técnica presentada, redactada polo arquitecto técnico Mario Miguel Carril Vázquez. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este (que comezará a contar desde o día seguinte ao da última inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia), as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello e formular as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Santa Comba, 16 de decembro de 2014

María Josefa Pose Rodríguez
Alcaldesa