1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Pontevedra.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Patrimonio.
2º. Enderezo: rúa don Filiberto, s/n, Pontevedra 36071.
3º. Teléfono: 986 80 43 00; fax: 986 86 25 90.
4º. Enderezo electrónico: patrimonio@pontevedra.eu
5º. Enderezo da internet do perfil del contratante: www.pontevedra.eu
6º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de proposicións, de conformidade co establecido no artigo 14 do prego de cláusulas administrativas particulares.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: servizo de mediación e asesoramento profesional de seguros privados que concerte o Concello de Pontevedra e os seus entes dependentes.
b) Lugar de execución: Pontevedra.
c) Prazo de duración do contrato: catro anos, susceptible de prórroga por períodos de dous anos, ata un máximo de catro anos. En total (sumando duración inicial e posibles prórrogas): oito anos.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.
b) Criterios de adxudicación: os sinalados no artigo 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato: 195.444,32 euros.
5. Orzamento base de licitación: 97.722,16 euros.
6. Garantías: provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato.
7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberá acreditarse segundo se establece no artigo 14 dos pregos de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Lugar de presentación e data límite para presentar ofertas: no Rexistro de Entrada do Concello de Pontevedra durante o prazo de vinte e seis (26) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no último boletín en que apareza (DOG, BOP ou perfil do contratante).
b) Documentación que cómpre presentar: a sinalada no artigo 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Apertura de ofertas: o terceiro día hábil seguinte –non sábado– a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 9.30 horas, no Concello de Pontevedra.
10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.
Pontevedra, 29 de decembro de 2014
Vicente García Legísima
Concelleiro de Persoal e Réxime Interior