Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2015 Páx. 2506

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de licitación para adxudicar a contratación das obras de pavimentación de rúas.

Aprobado pola Resolución da Alcaldía do 9 de xaneiro de 2015 o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares-técnicas que rexerán o concurso para adxudicar a contratación das obras de pavimentado de rúas da Guarda II por importe de 113.422,59 euros, IVE incluído, ao abeiro da subvención pola Deputación Provincial dentro do Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/2014) que se expoñen ao público durante 8 días, contados a partir do seguinte ao da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no BOP, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso; a licitación aprazarase se resulta necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

Entidade adxudicadora: Concello da Guarda.

Praza do Reló, s/n, 36780. Teléfono: 986 61 00 00. Fax: 986 61 02 83.

Correo electrónico: alcaldia@aguarda.es.

Perfil do contratante municipal: www.aguarda.es.

Obxecto do contrato: adxudicar a contratación das obras de pavimentación de rúas da Guarda II.

Prazo de execución: trinta (30) días laborables.

Tipo de licitación: 113.422,59 euros, IVE incluído (respecto do que se admiten baixas).

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.

Garantías:

Garantía provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: o adxudicatario, como requisito previo e necesario para a formalización do contrato, deberá constituír a garantía definitiva a que se refire o artigo 95 do TRLCSP, por importe equivalente ao 5 por 100 do importe da adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido, por medio de calquera das formas previstas no artigo 96 e segundo o estipulado no artigo 97 do TRLCSP en canto ao réxime das garantías prestadas por terceiros.

Exame do expediente: os licitadores poderán examinar o expediente na Secretaría Xeral do Concello, en horario de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados e festivos e ata o día anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral deste Concello de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas, durante o prazo de 26 días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP e no DOG, na forma sinalada na cláusula 13 do prego de cláusulas administrativas-técnicas. Se o último día de presentación de ofertas fora inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a cualificación da documentación xeral pola mesa de contratación terá lugar no Concello da Guarda ás dez horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que termine o prazo para a presentación de proposicións. Ás dez horas do sexto día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas, a mesa de contratación, en acto público, procederá á apertura das ofertas económicas e técnicas presentadas. Para estes efectos, se tales días caen en sábado, o acto terá lugar o día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Guarda, 9 de xaneiro de 2015

José Manuel Domínguez Freitas
Alcalde