Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2015 Páx. 2513

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do servizo de explotación da cafetaría e das máquinas expendedoras de bebidas e sólidos nas instalacións do organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo. Nº expediente 5302-12.

2. Obxecto do contrato: servizo de explotación da cafetaría e de máquinas expendedoras de bebidas e sólidos (vending) nas instalacións do organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo.

Lugar do servizo: instalacións do Parque das Ciencias Vigo-Zoo.

3. Prazo de execución: catro anos máis dúas prórroga dun ano.

4. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

5. Canon mínimo: 6.120,00 euros, IVE incluído, anual.

6. Garantías provisionais: non se exixen.

7. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono (986) 26 77 83-84; fax (986) 37 08 00.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

8. Presentación de ofertas: o prazo rematará o décimo quinto (15) día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 11 e 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo. Monte da Madroa, s/n. CP 36316 Teis, Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: Concello de Vigo. Praza do Rei, s/n. Vigo.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 9 de xaneiro de 2015

P.D. (Decreto do 29 de xullo de 2014)
Mª Jesús Lago Rey
Presidenta do organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo