Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2015 Páx. 2431

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (314/2013).

Pilar Sández González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, fai saber que no presente procedemento xuízo verbal número 314/2013-MT, seguido por instancia da comunidade de propietarios do edificio 56-58 da avda. das Camelias fronte a Juan Antonio Fernández Masaguer, se ditou sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza

Vigo, 12 de decembro de 2013.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo verbal sobre reclamación de cantidade co número 314/2013, promovidos pola comunidade de propietarios do edificio nº 56-58 da avda. das Camelias de Vigo, representada polo procurador Sr. Castells López e asistida da letrada Sra. Castiñeiras Madarnás, contra Juan Antonio Fernández Masaguer, en situación procesual de rebeldía.

Antecedentes de feito:

Primeiro. A representación de comunidade de propietarios do edificio nº 56-58 da avda. das Camelias de Vigo presentou demanda de xuízo verbal contra Juan Antonio Fernández Masaguer, en reclamación das cantidades debidas en concepto de cotas ordinarias e extraordinarias debidas para o sostemento dos gastos xerais correspondentes ao piso 4º C do edificio, cuxo nu propietario é o demandado, devindicadas entre abril de 2010 e marzo de 2013.

Suplicaba por iso que se condenase o demandado a aboar a cantidade de 3.053,59 euros, xuros legais desde a interposición da demanda e custas do procedemento.

Segundo. Citadas as partes á vista do xuízo verbal, o demandado non compareceu, e foi declarado en rebeldía.

A demandante ratificou a demanda e propuxo proba documental e interrogatorio de testemuña, admitidas e practicadas.

Terceiro. Concluído o acto, quedaron os autos en situación de resolver.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A demandante exerce unha acción de reclamación de cantidade por non pagamento das cotas ordinarias e extraordinarias por gastos comúns comprendidas entre abril de 2010 e marzo de 2013, cuxo aboamento corresponde ao demandado en canto propietario da vivenda situada no piso 4º C do edificio.

O demandado non compareceu ao acto da vista.

Segundo. O artigo 9.1.e) da Lei de propiedade horizontal establece a obriga dos propietarios de contribuír ao sostemento dos gastos xerais do inmoble, conforme a cota fixada no título ou o especialmente establecido.

E o artigo 19 da Lei de propiedade horizontal declara a executoriedade dos acordos adoptados en xunta de propietarios, salvo que a lei dispoña outra cousa, e o artigo 18.4, a non suspensión da súa executividade pola súa impugnación, salvo decisión xudicial en contrario, debendo terse solicitado a suspensión dos acordos no procedemento xudicial de impugnación (SSTS do 14 de febreiro de 1986, 15 de xullo de 1988, 24 de setembro de 1991, 25 de maio de 1992, 19 de xullo de 1994 e 24 de xullo de 1995).

Consta documentalmente acreditada a núa propiedade por parte do demandado da vivenda sinalada, así como relación de recibos debidos, ratificada pola administradora do inmoble, cuxa contía se sustenta nos acordos que fixan o importe das cotas e liquidan parcialmente as cantidades non pagadas polo demandado, que non foron impugnados; polo que debe ser condenado ao seu aboamento.

Por iso estímase integramente a demanda, con incremento de xuros legais desde a súa interposición, como se reclama no suplico desta (artigo 1.100 e 1.108 CC).

Terceiro. De acordo co artigo 394.1 da LAC, corresponde o pagamento das custas procesuais á parte que vise rexeitadas todas as súas pretensións.

Vistos os preceptos invocados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Resolvo:

Estimando totalmente a demanda promovida pola representación da comunidade de propietarios do edificio nº 56-58 da avda. das Camelias de Vigo contra Juan Antonio Fernández Masaguer, debo condenar e condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de 3.053,59 euros, xuros legais desde a interposición da demanda, e ao pagamento das custas procesuais causadas nesta instancia.

Notifíquese ás partes.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación, que se deberá interpoñer neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación, para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente, indicando no campo “concepto” a indicación “Recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así o acordo, mando e asino».

E encontrándose o devandito demandado, Juan Antonio Fernández Masaguer, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 8 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial