Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2015 Páx. 2415

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 7 de xaneiro de 2015 pola que se outorgan nomeamentos de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles para varios rexistros.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Mediante Resolución do 9 de decembro de 2014 resolveuse o concurso ordinario número 290 convocado pola Resolución do 20 de outubro de 2014, da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado (BOE do 24 de outubro), para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles que estaban vacantes.

De conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, co Decreto da Xunta de Galicia 72/2013, do 25 de abril, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear as rexistradoras que se citan no anexo para ocupar as prazas que nel se indican.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2015

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

– Ana María Raposo Conde, rexistradora da Coruña núm. 5 para o Rexistro de Ourense núm. 2.

– María del Rosario García Jiménez, rexistradora de San Sebastián da Gomera-Valverde para o Rexistro de Arteixo.