Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2015 Páx. 2413

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2015 pola que se fan públicos os convenios de colaboración asinados por este ente público no terceiro cuadrimestre do ano 2014.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2014 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da

sinatura

Achega de

Portos de Galicia

Portos de Galicia e o Concello de Camariñas

Execución das obras descritas na memoria de proposta de recuperación da casa de Man en Camelle

1.9.2014

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Fisterra

Explotación do inmoble de antiga vivenda emprazado no porto de Fisterra con destino a fins educativos, formativos e culturais

1.9.2014

Non ten

Portos de Galicia, a Axencia Galega de Infraestructuras e o Concello de Moaña

Continuación do paseo marítimo de Moaña ata o paseo da Xunqueira (tramo da Seara)

16.9.2014

210.070,68 €

Portos de Galicia e o Concello de Boiro

Mellora e adecuación, conservación e mantemento das instalacións do parque infantil existente no porto de Escarabote

9.10.2014

Non ten

Portos de Galicia, a Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Participación conxunta no Salón Náutico Grand Pavois 2014-La Rochelle (Francia)

16.10.2014

14.553 €

Portos de Galicia e o Concello de Ortigueira

Regularización das obras da estación depuradora de augas residuais e dos colectores xerais de saneamento do porto de Espasante

19.11.2014

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Ortigueira

Regularización das obras da estación depuradora de augas residuais e dos colectores xerais de saneamento do porto de Ortigueira

19.11.2014

Non ten

Portos de Galicia e a Fundación Universidade da Coruña

Protocolo de colaboración para actividades de cooperación

2.12.2014

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Noia

Addenda ao convenio para o mantemento e a conservación do paseo portuario de Noia

22.12.2014

Non ten