Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2015 Páx. 2416

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 7 de xaneiro de 2015 pola que se outorgan nomeamentos de notarias e notarios para varias notarías.

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Mediante Resolución do 9 de decembro de 2014, da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, resolveuse o concurso ordinario convocado pola Resolución do 20 de outubro de 2014.

De conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, co Decreto da Xunta de Galicia 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear as notarias e notarios que se citan no anexo para ocupar as prazas que nel se indican.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2015

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

– Francisco López Moledo, notario de Vilagarcía de Arousa, para a notaría de Santiago de Compostela.

– Javier Fernández Rodríguez, procedente de oposición, para a notaría de Vigo.

– Pablo Carbajo Martínez, notario de Montgat, para a notaría da Coruña.

– Antonio Fernández Naveiro, notario de Ceuta, para a notaría de Santiago de Compostela.

– Pablo Rueda Rodríguez-Vila, procedente de oposición, para a notaría de Vigo.

– Santiago Botas Ramos, notario de Monterroso, para a notaría de Ribeira.

– María José Latas Espiño, notaria de Quart de Poblet, para a notaría de Cangas.

– María de las Mercedes Rebolledo Olmedo, procedente de oposición, para a notaría de Sanxenxo.

– José Luis Pol Domínguez, procedente de oposición, para a notaría de Sarria.

– María Rosario Garrido Mayas, procedente de oposición, para a notaría de Muxía.

– Eduardo Dios Díaz, notario de Arcos de Jalón, para a notaría de Ordes.

– Perfecto Blanes Cabanes, procedente de oposición, para a notaría de Guitiriz.

– Francisco Manuel Brea Graíño, procedente de oposición, para a notaría de Viveiro.

– María José Martínez Badas, notaria de Béjar, para a notaría de Cedeira.

– Lucía Pol Domínguez, notaria de Meira, para a notaría da Pobra do Caramiñal.