Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2015 Páx. 2373

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 31 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia durante os anos 2015 e 2016.

Mediante o Decreto 289/1997, do 9 de outubro, a Comunidade Autónoma de Galicia asume as funcións e servizos transferidos pola Administración do Estado relativos á xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego no ámbito do traballo, o emprego e a formación.

O Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, establece que a Dirección Xeral de Emprego e Formación asumirá a dirección e xestión das funcións atribuídas á Consellería en materia de formación para o emprego, cualificacións profesionais e intermediación no mercado de traballo, colocación e orientación laboral, así como a estatística, a análise e a prospectiva do mercado de traballo.

Corresponde pois, a esta consellería para o exercicio de 2015 a xestión das subvencións e axudas públicas das políticas activas de emprego, entre as cales están as medidas dirixidas a incrementar a empregabilidade das persoas desempregadas, mellorando as condicións do mercado de traballo, no marco da Estratexia europea para o emprego, do Programa nacional de reformas, da Estratexia española de activación para o Emprego (2014-2016), do respectivo Plan anual de política de emprego (PAPE) e no eido da colaboración institucional e o dialogo social entre o goberno galego e os axentes económicos e sociais de Galicia.

No actual contexto económico, a sociedade exixe dos poderes públicos a adopción de medidas efectivas e eficientes que coadxuven a paliar os efectos e a reducir o desemprego, sinaladamente das persoas con especiais dificultades de inserción; por esta razón, mantendo os elementos nucleares que caracterizan orixinariamente os programas integrados para o emprego, a presente regulación realiza unha adaptación do programa estatal de programas experimentais en materia de emprego introducindo unha serie de modificacións tendentes a reducir os custos dos proxectos, a posibilitar o acceso dun maior número de persoas desempregadas beneficiarias, establecer colectivos de actuación específicos e garantir a prestación ás persoas participantes de medidas de mellora da empregabilidade que inclúen necesariamente formación para o emprego e intermediación no mercado de traballo. Desta maneira, configúrase un programa autonómico nesta materia, que a Xunta de Galicia incluirá no Plan anual de política de emprego (PAPE) para 2015.

Esta nova regulamentación autonómica é posible á vista do novo enfoque que deu ao deseño e á xestión das políticas activas de emprego o número 2 da disposición derradeira décimo segunda da Lei 3/2012, do 6 de xullo, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral, da cal resulta que as comunidades autónomas están habilitadas para o deseño e a execución de novos programas e medidas de políticas activas de emprego adaptadas ás peculiaridades e características dos seus mercados de traballo locais que, en todo caso, deberán dirixirse ao cumprimento dos obxectivos que se establezan no Plan anual de política de emprego (PAPE) de cada ano e integrarse nos distintos ámbitos da Estratexia española de activación para o emprego (2014-2016), requisitos e condicións que se cumpren no presente caso.

Por outra banda, e de conformidade co Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013, polo que se determinan os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da comunidade autónoma, para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal, esta orde establece criterios de valoración específicos para aqueles proxectos de xestión compartida ou fusión municipal que representen un aforro de custos e unha xestión máis eficaz no desenvolvemento dos programas integrados para o emprego.

Por último, a orde continúa coa senda iniciada na convocatoria do ano 2013 e exixe o uso e aplicación de medios electrónicos de para presentar a solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, creada polo Decreto 198/2010, do 2 de decembro, que establece o marco de desenvolvemento da Administración electrónica como canle principal de relación do cidadán coa Xunta de Galicia, e co obxectivo de avanzar na mellora da calidade e da eficacia dos servizos ofrecidos. Esta exixencia leva unida a necesaria obtención por parte dos representantes legais das entidades, cando non dispoñan deles, do DNI electrónico ou certificado electrónico.

Esta convocatoria axústase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento e, en concreto, no relativo aos principios de concorrencia, publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación na concesión das axudas, e tramítase ao abeiro do disposto no artigo 1.1 da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998 pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola de 25 de outubro de 2001, e queda a concesión da subvención sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución, existindo crédito adecuado e suficiente no Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 17 de outubro de 2014. Así, o financiamento das axudas farase con cargo aos créditos dos programas 11.03.322A.460.3 e 11.03.322A.481.3
(2014 00583) polos importes de 720.000 euros e 480.000 euros, respectivamente, na anualidade 2015 e 2.160.000 euros e 2.400.000 euros, respectivamente, na anualidade 2016, correspondentes a fondos finalistas transferidos.

Consultado o Consello Galego de Relacións Laborais e obtidos os informes preceptivos na tramitación, por proposta da Dirección Xeral de Emprego e Formación e en uso das facultades que me son conferidas de acordo co artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. As subvencións reguladas na presente orde terán por obxecto o financiamento de programas de emprego dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego mediante a posta en marcha de programas integrados de emprego con intermediación laboral, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e durante un período de 12 meses.

2. Enténdese por programas integrados de emprego con intermediación laboral aqueles proxectos que combinen accións de diferente natureza, tales como:

a) Información, orientación e asesoramento.

b) Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.

c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.

d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.

e) Fomento da capacidade emprendedora.

f) Prospección empresarial.

g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.

h) Formación para o emprego distinta á prevista na letra b).

i) Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico-práctico das accións formativas.

l) Mobilidade laboral.

m) Todas aquelas accións dirixidas a incrementar as posibilidades de inserción laboral das persoas demandantes de emprego.

Nestes programas incluiranse de xeito obrigatorio accións de carácter formativo e de intermediación laboral e estableceranse obxectivos cuantitativos de inserción laboral das persoas demandantes de emprego participantes neles.

Artigo 2. Financiamento

1. O financiamento das axudas previstas nesta orde de convocatoria farase con cargo aos créditos dos programas 11.03.322A.460.3 e 11.03.322A.481.3 (2014 00583) polos importes de 720.000 euros e 480.000 euros, respectivamente, na anualidade 2015
e 2.160.000 euros e 2.400.000 euros, respectivamente, na anualidade 2016, correspondentes a fondos finalistas transferidos.

2. Os ditos créditos estimados poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que establezan a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009,
do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Os incrementos de crédito serán obxecto da oportuna publicación no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 3. Tipos e características dos programas integrados de Galicia

1. Distínguense dous tipos de programas.

A) Programas integrados para o emprego, en xeral:

Todas as persoas participantes neste tipo de programas deberán ser persoas en situación de desemprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

O número mínimo de persoas que se atenderán será de 60 e o máximo de 120. O obxectivo de inserción laboral deberá ser, polo menos, do 30 por cento das persoas demandantes de emprego atendidas durante o desenvolvemento do programa.

B) Programas integrados específicos para persoas perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga).

Todas as persoas participantes neste tipo de programas deberán ser persoas en situación de desemprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia e, ademais, beneficiarias titulares da renda de integración social de Galicia.

O número mínimo de persoas desempregadas que se atenderá será de 50 e máximo de 100. O obxectivo de inserción laboral deberá ser, polo menos, do 25 por cento das persoas demandantes de emprego atendidas durante o desenvolvemento do programa.

2. O Servizo Público de Emprego de Galicia seleccionará, coa participación da entidade beneficiaria e mediante un procedemento de selección específico para estes programas regulado mediante instrución, as persoas demandantes de emprego dispoñibles para a súa incorporación aos mesmos, tendo en conta que non poderán ser seleccionadas aquelas persoas que xa participasen nun programa integrado de emprego ao abeiro da Orde do 23 de decembro de 2013 (convocatoria 2014-2015).

As persoas finalmente seleccionadas serán identificadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia e non poderán participar noutras medidas activas de emprego que se consideren incompatibles coa participación en programas integrados para o emprego.

3. Con carácter xeral, consideraranse persoas atendidas aquelas cuxa participación se acredite en, cando menos, cinco sesións individuais e outras tres accións de distinta natureza, das previstas no proxecto. As ditas sesións deberán ser distribuídas regularmente ao longo do período de desenvolvemento das accións do programa.

4. Con carácter xeral, considerarase como inserción laboral das persoas atendidas cando, durante o prazo de 12 meses de execución do programa, sexan contratadas por conta allea por unha duración non inferior a tres meses ou inicien, durante este mesmo prazo ou dentro dos tres meses inmediatamente posteriores, unha actividade por conta propia ou formando parte como socios traballadores ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral, por unha duración non inferior a seis meses. Non obstante, na correspondente resolución de concesión poderase adecuar a definición desta inserción por conta allea, en función de circunstancias como a actividade profesional que desenvolverá a persoa inserida ou a súa pertenza a colectivos de persoas desempregadas con especiais dificultades de inserción.

Artigo 4. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento dos programas regulados nesta orde:

a) As entidades locais ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha Administración local cuxa titularidade corresponda integramente a ela, sempre que por si soas ou asociadas teñan unha media de paro rexistrado no ano 2014 superior a 500 persoas ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos limítrofes galegos (ou dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).

b) As entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro.

2. Unha mesma entidade non poderá presentar máis dunha solicitude para cada tipo de programa dos regulados no artigo 3.1 desta orde.

3. Todas elas deberán acreditar experiencia na realización de accións dirixidas ao acompañamento das persoas en situación de desemprego en procesos de inserción laboral por conta allea ou propia.

4. Non poderán ser entidades beneficiarias aquelas en que concorra algunha das causas expresadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 5. Presentación de solicitudes, documentación e prazo

1. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nela e que fai constar os datos seguintes:

O cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, incluído o de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

O conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.

A veracidade da documentación presentada xunto coa solicitude e que a entidade solicitante se obriga a presentar ante a Dirección Xeral de Emprego e Formación, logo de petición desta, a documentación acreditativa dos asuntos a que se refire a presente declaración responsable.

2. Xunto co formulario de solicitude deberá anexarse a seguinte documentación:

a) Memoria explicativa do proxecto, no modelo que se publica como anexo II, e que deberá facer referencia, de xeito obrigatorio, aos seguintes aspectos:

Descrición do proxecto que inclúa unha enumeración detallada de cada unha das accións que o compoñen e atenda aos distintos tipos de programas onde se enmarcan as ditas accións.

Cronograma completo do proxecto indicando a data de inicio e fin prevista de cada unha das accións propostas.

Actividades, sectores e ámbito territorial en que se pretende actuar. Para o caso de que o programa inclúa a atención de colectivos procedentes de expedientes de regulación de emprego de carácter extintivo, deberán detallarse a/as empresas afectadas e a forma de selección e perfil do colectivo que se atenderá.

Relación actual de medios materiais e recursos humanos de que dispón o solicitante en que se especifiquen as condicións daqueles, o seu historial formativo e laboral e as súas capacidades, con indicación dos que se van afectar para levar a cabo as accións propostas.

Experiencia da entidade solicitante en actuacións de acompañamento da inserción laboral e mellora da ocupabilidade das persoas demandantes de emprego.

b) Copia da escritura de constitución e dos estatutos da entidade onde conste que a entidade solicitante dispón de personalidade xurídica e carece de fins lucrativos. Quedan exceptuadas da presentación destes documentos as entidades locais, agás que concorran en agrupación de concellos constituída a través dun convenio de colaboración, suposto en que deberán achegar copia do devandito convenio.

c) Acreditación da persoa que, en nome e representación da entidade, asina a solicitude, mediante a correspondente documentación de apoderamento, resolución, mandato, certificado expedido polo secretario ou acta onde se determine a dita representación.

d) Tarxeta de identificación fiscal da entidade solicitante.

e) Para o caso de agrupacións de concellos baixo calquera modalidade: copia do convenio de colaboración, se é o caso, e memoria explicativa da realización conxunta do proxecto con indicación das achegas económicas e doutra índole dos concellos agrupados, o importe da subvención que se aplicará a cada un deles, así como o nomeamento do representante ou apoderado único da agrupación, de acordo co exixido no artigo 8.3 in fine da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

No caso de que algún dos documentos que vaia presentar de forma electrónica da persoa solicitante ou representante superase os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

4. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día for inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 6. Consentimentos e autorizacións

1. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, en neste caso deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

2. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

3. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estean en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Artigo 7. Protección de datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo-San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a s.x.traballo.benestar@xunta.es.

Artigo 8. Procedemento, competencia e resolución

1. O procedemento de concesión de axudas será o de concorrencia competitiva.

2. O órgano instrutor dos expedientes será o Servizo de Orientación Laboral da Dirección Xeral de Emprego e Formación.

3. Se do exame do expediente segundo o procedemento establecido no artigo seguinte, se comproba que a documentación non reúne os requisitos necesarios, é insuficiente ou non se achega na súa totalidade, requirirase a entidade solicitante para que, nun prazo de dez días, emende o erro ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, de acordo co disposto no artigo 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, se terá por desistida da súa petición, logo da correspondente resolución, que deberá ditarse nos termos previstos no artigo 42 desta lei.

4. Revisados os expedientes e completados, de ser o caso, remitiranse á comisión de valoración para que esta, nun acto único, proceda á súa avaliación e informe, no cal se concretará o resultado da avaliación efectuada á totalidade dos expedientes.

Para estes efectos a comisión de valoración estará composta pola persoa titular da Subdirección Xeral de Emprego, persoa titular da xefatura do Servizo de Orientación Laboral e unha persoa funcionaria adscrita ao dito servizo, que actuará como secretaria.

Se, por calquera causa, no momento en que a comisión de valoración teña que examinar as solicitudes algunha das persoas que a compoñen non puider asistir, será substituída pola persoa que para o efecto se designe polo órgano competente para resolver.

5. O órgano instrutor elevará o informe da comisión de valoración xunto coa proposta de resolución á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación, que resolverá a concesión ou denegación da axuda mediante resolución motivada e individualizada por delegación da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar. A notificación da resolución favorable comportará a aceptación da axuda, agás que nos 10 días hábiles contados desde o día seguinte aquela a entidade beneficiaria manifeste expresamente a súa renuncia.

6. A resolución e a notificación deberanse producir nun prazo de tres meses, que se contará desde o día seguinte ao do remate do prazo para a presentación de solicitudes e tendo terse en conta o disposto nos artigos 59.6.b) e 58.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido o dito prazo sen se dictar resolución expresa, esta entenderase desestimatoria.

7. A resolución que finaliza os procedementos regulados na presente orde esgota a vía administrativa, polo que contra ela se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación do dito acto, se for expreso, ou seis meses se non o for, contados neste caso a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, con anterioridade á interposición do dito recurso contencioso-administrativo, e de acordo co establecido nos artigos 116
e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, poderase interpoñer recurso de reposición perante o mesmo órgano que ditou o acto administrativo no prazo dun mes se o dito acto for expreso e, se non o for, o prazo será de tres meses e contarase a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses das entidades solicitantes e outros posibles interesados.

8. As resolucións de concesión serán obxecto de publicación segundo o establecido no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

9. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou internacionais poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 9. Criterios de valoración dos programas

1. A concesión das subvencións previstas na presente orde realizarase conforme aos seguintes criterios:

A. Para todas as solicitudes:

a. As características dos colectivos que se atenderán, tendo en conta as especiais dificultades da súa inserción laboral (puntuación máxima 25 puntos):

a.1 Os colectivos que se atenderán nos programas integrados para o emprego regulados no artigo 3.1.A valoraranse segundo a pertenza aos seguintes grupos de persoas desempregadas:

Grupo A:

– Persoas con discapacidade.

– Persoas en risco de exclusión social (incluídas as persoas perceptoras da renda de integración social de Galicia).

– Mulleres coa condición de vítimas de violencia doméstica.

– Menores de 30 anos con baixa cualificación.

Grupo B:

– Menores de 30 anos (non incluídos no grupo A).

– Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción.

– Persoas desempregadas beneficiarias da axuda do Programa de recualificación profesional (PREPARA).

– Persoas desempregadas como consecuencia dun expediente de regulación de emprego de carácter extintivo, presentado nos doce meses anteriores á publicación desta orde.

Grupo C:

– Mulleres (non incluídas no grupo A).

– Persoas desempregadas de longa duración.

– Persoas inmigrantes.

Grupo D:

– Persoas desempregadas non incluídas en ningún dos grupos anteriores.

A puntuación neste punto obterase da seguinte forma:

No suposto de que todos os usuarios do programa pertenzan a colectivos salientados nun mesmo grupo dos sinalados anteriormente:

– Colectivos grupo A: 20 puntos. Colectivos grupo B: 15 puntos. Colectivos grupo C: 10 puntos. Colectivos grupo D: 0 puntos

– No suposto de que as persoas usuarias do programa pertenzan a colectivos salientados en distintos grupos dos sinalados: obterase, en primeiro lugar, a puntuación parcial que lle corresponde proporcionalmente, polas persoas usuarias pertencentes aos colectivos de cada un dos grupos. Sumaranse as puntuacións parciais resultantes da aplicación da regra proporcional en cada grupo e obterase, desta forma, a puntuación total definitiva nesta parte.

a.2. Os colectivos que se atenderán nos programas integrados para o emprego regulados no artigo 3.1.B, valoraranse con 25 puntos.

b. O ámbito xeográfico de actuación do programa integrado para o emprego (puntuación máxima 20 puntos):

A puntuación nesta parte obterase da seguinte forma:

– Programas integrados localizados en concellos cunha media de paro no ano 2014 superior ás 2.000 persoas ou cun incremento na media anual do paro rexistrado desde o ano 2010 superior ao 50 %: 20 puntos

– Programas integrados localizados en concellos cunha media de paro no ano 2014 superior ás 1.000 persoas ou cun incremento na media anual do paro rexistrado desde o ano 2010 superior ao 35 %: 10 puntos.

No suposto de que no ámbito xeográfico de actuación do programa convivan concellos dos diferentes grupos, a puntuación obterase de xeito proporcional.

c. Recursos humanos e materiais axeitados para a atención aos colectivos correspondentes e accións propostas para a execución do programa (puntuación máxima 10 puntos):

c.1. Nos recursos humanos valorarase ata un máximo de 5 puntos a ratio resultante de dividir o número de persoas demandantes que se atenderán entre o persoal propio da entidade dedicado ao programa integrado, sempre que a dita dedicación sexa superior ao 50 por cento da xornada (nº de demandantes/nº persoas dedicadas ao proxecto):

10 ou menos: 5 puntos.

Entre 11 e 15: 4 puntos.

Entre 16-20: 3 puntos.

Entre 21 -30: 2 puntos.

Entre 31-40: 1 punto.

Máis de 40: 0 puntos.

c.2 Nos recursos materiais, valorarase ata un máximo de 5 puntos a calidade das instalacións, medios e sistemas propios da entidade para o desenvolvemento do programa integrado.

d. Os obxectivos comprometidos en materia de inserción laboral no mercado de traballo das persoas demandantes que se van atender, sempre que sexan superiores aos mínimos establecidos no artigo 3 (puntuación máxima 15 puntos):

d.1 Nos programas integrados para o emprego regulados no artigo 3.1.A, a puntuación se obterase tendo en conta as seguinte escala:

31 %: 1 puntos.

32 %: 2 puntos.

33 %: 3 puntos.

34 %: 4 puntos.

35%: 5 puntos.

36 %: 6 puntos.

37 %: 7 puntos.

38 %: 8 puntos.

39 %: 9 puntos.

40 %: 10 puntos.

41 %: 11 puntos.

42 %: 12 puntos.

43 %: 13 puntos.

44 %: 14 puntos.

45 % ou máis: 15 puntos.

Exclusivamente para o caso en que a totalidade dos colectivos que se atenderán no programa solicitado pertenzan ao grupo A do punto 1 deste artigo e en atención ás maiores dificultades de inserción laboral destes, a escala será a seguinte:

31-35 %: 5 puntos.

36 %: 6 puntos.

37 %: 7 puntos.

38 %: 8 puntos.

39 %: 9 puntos.

40 %: 10 puntos.

41 %: 11 puntos.

42 %: 12 puntos.

43 %: 13 puntos.

44 %: 14 puntos.

45 % ou máis: 15 puntos.

d.2 Nos programas integrados para o emprego regulados no artigo 3.1.B, a puntuación obterase tendo en conta as seguinte escala:

26 %: 5 puntos.

27 %: 6 puntos.

28 %: 7 puntos.

29 %: 8 puntos.

30 %: 9 puntos.

31 %: 10 puntos.

32 %: 11 puntos.

33 %: 12 puntos.

34%: 13 puntos.

35 %: 14 puntos.

36 % ou máis: 15 puntos.

e. O maior esforzo investidor da entidade solicitante no financiamento total do proxecto, sempre que o cofinanciamento sexa superior ao 10 % (puntuación máxima 10 puntos):

11 %: 1 punto.

12 %: 2 puntos.

13 %: 3 puntos.

14 %: 4 puntos.

15 %: 5 puntos.

16%: 6 puntos.

17 %: 7 puntos.

18 %: 8 puntos.

19 %: 9 puntos.

20 % ou máis: 10 puntos.

f. A experiencia acreditada nos últimos cinco anos no desenvolvemento de programas integrados para o emprego subvencionados polo Servizo Público de Emprego de Galicia. Valoraranse os resultados de inserción acadados pola entidade en relación coas porcentaxes previamente comprometidas e o resultado das visitas de seguimento realizadas ata un máximo de máxima 15 puntos, e puntuarase negativamente unha mala xestión restando ata 15 puntos.

g. Características técnicas do programa integrado que se vai desenvolver (puntuación máxima 25 puntos), valorándose os seguintes aspectos:

Número e variedade de accións, das establecidas no artigo 1 da orde, incluídas no proxecto.

Metodoloxía que se aplicará, e relación cos resultados de inserción previstos.

Existencia de sistemas adecuados de seguimento das persoas participantes.

Existencia de sistemas de avaliación da calidade das accións que se desenvolverán.

Relación do proxecto con outros programas subvencionados polo Servizo Público de Emprego de Galicia.

h. Carácter innovador do programa (puntuación máxima 15 puntos), valorándose os seguintes aspectos:

A utilización das novas tecnoloxías e de plataformas web.

Existencia de medidas de conciliación da vida familiar e laboral.

Presentación dun proxecto innovador en relación co perfil dos colectivos que se atenderán ou as características das accións que se desenvolverán no proxecto presentado.

i. O emprego da lingua galega na realización das accións do programa integrado para o emprego debidamente declarado polo representante legal da entidade beneficiaria (puntuación máxima 5 puntos).

B. Para as solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local:

a. Proxectos presentados por agrupacións de concellos baixo calquera fórmula (asociación, mancomunidade....) agás a fusión de concellos: ata 42 puntos, distribuídos do seguinte xeito:

Pola presentación da solicitude, sempre que resulte acreditada na memoria presentada, a redución de custos e a xestión máis eficaz do programa integrado de emprego, en virtude das achegas económicas ou doutra índole da totalidade dos concellos asociados no proxecto: 14 puntos.

Polo número de concellos asociados e a poboación total de persoas desempregadas do seu ámbito territorial conxunto: ata 14 puntos.

Pola porcentaxe de aforro da prestación conxunta do programa integrado de emprego con respecto á prestación de forma individual: ata 14 puntos.

b. Proxectos presentados por entidades locais resultantes dun proceso de fusión municipal de acordo coa Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia: 48 puntos.

c. Serán inadmitidas aquelas solicitudes conxuntas en que non resulte acreditada a realización conxunta do programa integrado de emprego e que supoñan actuacións independentes de cada entidade local.

2. A valoración mínima para a consecución da condición de entidade beneficiaria debe ser de 70 puntos.

Artigo 10. Contía das subvencións

1. A contía máxima da subvención que se concederá será de 2.400 euros por cada persoa desempregada participante nos programas para o emprego regulados no artigo 3.1.A, ou de 3.000 euros por persoa desempregada participante nos programas para o emprego regulados no artigo 3.1.B desta orde.

Ademais, establecerase na resolución de concesión unha redución no importe total da subvención se non se conseguen os obxectivos previstos. Esta redución calcularase en función das persoas demandantes de emprego inseridas e atendidas, de acordo coa seguinte fórmula:

Factor inseridos: 0,70 (70 % do total da subvención).

Factor atendidos: 0,30 (30 % do total da subvención).

Importe total da subvención = (custo persoa insertada * nº persoas inseridos) + (custo persoa atendida * nº de persoas atendidas)

2. A contía máxima da subvención poderá incrementarase nun 15 por cento, no caso de solicitudes conxuntas aprobadas pola comisión de valoración, en virtude dos criterios establecidos no artigo 9.1.B.

3. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, ou doutros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, supere o custo da actividade que se vai desenvolver a entidade solicitante.

Artigo 11. Gastos imputables

1. A subvención determinada na resolución destinarase a cubrir os gastos efectivamente realizados pola entidade relativos:

a) Aos custos salariais e de seguridade social do persoal necesario para o apoio e/ou formación das persoas demandantes de emprego, ademais do persoal que presta servizos na entidade beneficiaria e aqueloutro que puider contratarse para tal fin, ata un límite
de 3.000 euros/mes por persoa traballadora. Cando se trate de persoal propio da entidade, imputaránselle ao programa as partes proporcionais do tempo efectivamente dedicado ao proxecto, tendo en conta que a citada imputación non poderá superar o 80 % agás autorización expresa da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación , cando concorran causas debidamente xustificadas e logo da solicitude para o efecto da entidade beneficiaria.

As retribucións refírense á prestación de servizos a xornada completa. As retribucións acomodaranse proporcionalmente á xornada que se desenvolva no caso de que a prestación de servizos sexa a tempo parcial.

b) Aos gastos de axudas de custo e desprazamento do dito persoal e das persoas demandantes que participen no plan. A entidade beneficiaria ten a obriga de aboar, como mínimo, os custos de desprazamento das persoas demandantes que teñan un domicilio de residencia situado nun concello distinto a aquel onde se desenvolva o programa integrado, coa forma de acreditación e pagamento que esta determine.

c) Gastos derivados da contratación de medios externos dirixidos á formación das persoas desempregadas participantes no plan, así como as pólizas de seguros para a formación técnica e prácticas ocupacionais deles que teñan o carácter de obrigatorias. Cando as entidades beneficiarias teñan que recorrer á subcontratación, deberán cumprir co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, tendo en conta que, en todo caso, esta non poderá superar o límite do 50 % do custo total final da actividade subvencionada.

Se o contrato que vincula a entidade coa persoa que impartirá as accións formativas é de carácter laboral ou funcionario, con independencia de se esta relación existía con anterioridade ou é nova e específica para o desenvolvemento das accións do programa integrado, non terá a consideración de subcontratación.

d) Gastos de amortización de materiais e equipamentos técnicos necesarios para impartir a formación, co límite do 10 % do custo total final do proxecto.

e) Gastos xerais, materiais e técnicos co límite do 35 % do custo total final do proxecto. Estes gastos inclúen os seguintes:

Gastos de execución de material técnico (guías, documentación para o participante...) e de execución en material de oficina.

Gastos xerais necesarios para a execución das accións na parte correspondente á dita execución:

Arrendamento (leasing excluído): edificios, mobiliario, obxectos e equipamentos de arrendamento.

Mantemento (se non está incluído no arrendamento).

Subministración de enerxía eléctrica, auga, combustible para calefacción (se non está incluído no arrendamento).

Comunicacións (teléfono, correos...).

Limpeza.

Seguridade e vixilancia.

Seguros.

Gastos de gardaría e/ou atención a persoas dependentes das persoas participantes que lles faciliten a asistencia ás distintas accións do programa.

2. A acreditación dos diferentes conceptos de gastos subvencionables realizarase presentando a seguinte documentación:

a) Retribucións de persoal:

Copia cotexada do TC1 e TC2 correspondentes aos meses imputados.

Copia cotexada das nóminas correspondentes aos meses imputados.

Copia cotexada do impreso de liquidación nominal do IRPF.

Todos os documentos anteriores deberán ir acompañados pola transferencia ou cargo bancario correspondente que acredite a realización do seu pagamento.

b) Gastos imputables ás accións realizadas en concepto de axudas de custo e desprazamentos non incluídos nas nóminas, contratación de medios externos, gastos de amortización de materiais ou equipamentos e gastos xerais, materiais e técnicos necesarios: facturas correspondentes, orixinais, formato electrónico admisible legalmente ou copias cotexadas e xustificación do pagamento destas a través de transferencia ou cargo bancario, tendo en conta que todas as facturas achegadas como xustificantes deberán estar referidas de forma inequívoca á entidade subvencionada e ao período que abrangue a subvención e deberán incluír a denominación do programa integrado e o número de expediente.

Artigo 12. Inicio e período de execución

1. Na resolución de concesión dos programas integrados para o emprego especificaranse as seguintes datas:

Data de inicio do programa: determinará o comezo do programa e do cómputo do prazo máximo de dous meses para o remate do proceso de selección das persoas participantes, agás autorización de prórroga expresa da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación, cando concorran causas debidamente xustificadas e logo da solicitude para o efecto da entidade beneficiaria.

Prazo de execución: abranguerá 12 meses contados desde a devandita data de inicio e determinará o período computable para os efectos do cálculo das persoas demandantes inseridas e atendidas no programa integrado para o emprego.

2. As instrucións para a posta en marcha dos programas e a correcta liquidación da subvención, así como os modelos en que deberán presentarse necesariamente os certificados exixidos estarán ao seu dispor na páxina web institucional da Xunta de Galicia
(http://traballo.xunta.es/programas-integrados).

3. No prazo de 10 días hábiles contados desde o remate do proceso de selección das persoas participantes, as entidades beneficiarias deberán remitir a seguinte documentación:

a) Certificado de inicio do programa e solicitude, de ser o caso, do pagamento do anticipo da subvención nos termos establecidos no artigo seguinte, segundo o modelo que se publicará na páxina web institucional da Xunta de Galicia (http://traballo.xunta.es/programas-integrados), no cal conste:

– Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

– A titularidade da conta da entidade beneficiaria onde se deba efectuar o pagamento.

b) Copia do contrato ou contratos do persoal que realizará as accións.

c) Certificado de alta na Seguridade Social do dito persoal.

d) Ficheiro informático, en formato de folla de cálculo, no cal figure o nome, apelidos e o NIF de cada unha das persoas que van participar nas accións.

e) Fichas de control de accións, correspondentes ao inicio, asinadas por cada unha das persoas desempregadas participantes no programa, que incluirán a autorización á Consellería de Traballo e Benestar para que esta comprobe os seus datos persoais a través do Sistema de verificación de datos de identidade (SVDI) e de residencia (SVDR).

f) Unha fotografía do cartel informativo e a súa localización, nos termos sinalados no artigo 14.1.

g) A solicitude, se procede, do pagamento do anticipo da subvención nos termos establecidos no artigo seguinte.

Artigo 13. Xustificación e pagamento

1. O pagamento da subvención realizarase en tres fases do seguinte xeito:

A) Anticipo da subvención:

A entidade beneficiaria poderá solicitar un pagamento do 25 por cento da suma das subvencións dos anos 2015 e 2016 sempre que a devandita cantidade non supere o importe correspondente á anualidade do ano 2015, en concepto de anticipo á conta da xustificación, no prazo e xunto coa documentación establecida no artigo anterior para o inicio das accións.

B) Liquidación parcial:

As entidades beneficiarias disporán ata o 16 de decembro de 2015 (incluído) para presentar a liquidación parcial da subvención, polo que deberán presentar a xustificación de todos os gastos realizados con cargo á subvención ata o 30 de novembro de 2015 e entre os cales deberan figurar os correspondentes ao anticipo previsto na letra anterior. A Dirección Xeral de Emprego e Formación procederase a liquidar o importe que corresponda, de acordo coa xustificación presentada e ao anticipo percibido pola entidade.

Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:

B.1. Certificado do órgano competente da entidade beneficiaria dos gastos realizados con cargo á subvención no modelo que se publicará na páxina web institucional da Xunta de Galicia (http://traballo.xunta.es/programas-integrados), no cal conste declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade de Galicia.

B.2. Documentación xustificativa dos gastos imputados conforme o establecido no artigo 11.2.

C) Liquidación final:

As entidades beneficiarias terán un prazo máximo de dous meses desde a finalización do prazo de 12 meses de execución do programa para a presentación da liquidación final conforme o establecido neste artigo.

Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:

C.1. Certificado final do órgano competente da entidade beneficiaria dos gastos realizados con cargo á subvención desde o 1 de decembro de 2015 ata a data de finalización, no modelo que se publicará na páxina web institucional da Xunta de Galicia (http://traballo.xunta.es/programas-integrados), no cal consten declaracións responsables do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes e de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade de Galicia

C.2. Documentación xustificativa dos gastos imputados conforme o establecido no artigo 11.2.

C.3. Memoria final, no modelo que se publicará na páxina web institucional da Xunta de Galicia (http://traballo.xunta.es/programas-integrados), onde se faga constar unha descrición do desenvolvemento do programa, a relación de persoas atendidads especificando as accións realizadas con cada unha delas e a identificación das persoas inseridas no mercado de traballo.

O Servizo de Orientación Laboral verificará o nivel de atención e de inserción efectivo que a entidade beneficiaria certifica de acordo cos termos establecidos na resolución. Se nesa verificación se comprobar que a porcentaxe de atención ou inserción laboral é menor do obxectivo previsto no programa, procederá a realizar o desconto correspondente, de tal xeito que as cantidades resultantes, segundo corresponda, ben deixarán de ser aboadas ou ben serán reintegradas pola entidade beneficiaria, consonte o disposto no artigo 15 desta orde.

2. En todo caso, as certificacións e xustificacións presentadas polas entidades beneficiarias deberanse axustar ao disposto no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 14. Publicidade

1. Para os efectos de difusión pública, no lugar onde se realicen as accións deberá figurar, de forma visible, un cartel informativo, en modelo normalizado establecido e publicado pola Dirección Xeral de Emprego e Formación na páxina web institucional da Xunta de Galicia, no cal constará o financiamento pola Consellería de Traballo e Benestar e o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

2. Todos os proxectos e produtos que se elaboren con cargo ás subvencións concedidas deberán utilizar axeitadamente as identificacións que estableza a Dirección Xeral de Emprego e Formación e, en todo caso, incluír en toda a documentación o logotipo da Xunta de Galicia de acordo co Manual de identidade corporativa (http://www.xunta.es/descarga-do-manual).

3. Os dereitos de explotación dos proxectos e produtos financiados cederanse á Dirección Xeral de Emprego e Formación, que será a garante da súa difusión e transferibilidade.

Neste sentido, e sempre que lle sexa requirido, o representante legal da entidade solicitante da subvención comprometerase por escrito a realizar esa cesión, de acordo cos requisitos establecidos no texto refundido da Lei de propiedade intelectual aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril.

Quedan excluídas da previsión establecida neste artigo as actuacións sometidas ao ámbito de aplicación do réxime xurídico das contratacións coas administracións públicas.

Artigo 15. Seguimento das accións

1. A Consellería de Traballo e Benestar realizará comprobacións e verificacións presenciais e aleatorias co obxecto de avaliar cuantitativa e cualitativamente o desenvolvemento das accións previstas na presente orde en calquera das entidades beneficiarias da subvención.

Nas visitas de seguimento da Consellería de Traballo e Benestar, as entidades beneficiarias facilitarán o acceso ás instalacións en que se realizan as accións, así como a toda a documentación de carácter técnico, administrativo, informático ou contable que teña relación coa subvención concedida que se lles solicite.

2. Transcorridos nove meses desde a finalización do prazo previsto para a execución dos programas, comprobarase a correspondencia da inserción laboral co acreditado na liquidación da subvención e, en caso contrario, exixirase a devolución proporcional da subvención indebidamente percibida de acordo co previsto no artigo seguinte.

Realizada a citada comprobación, a Consellería de Traballo e Benestar fará públicos na súa páxina web oficial os datos de inserción das persoas beneficiarias destas subvencións.

Artigo 16. Obrigas das entidades beneficiarias. Reintegro da subvención

1. As entidades beneficiarias, ademais das establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberán cumprir as seguintes obrigas:

a) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención de acordo co previsto nesta orde e nos documentos de instrucións operativas que se porán a disposición das entidades beneficiarias na páxina web institucional da Xunta de Galicia na ligazón http://traballo.xunta.es/programas-integrados.

b) Someterse ás actuacións de comprobación efectuadas pola Consellería de Traballo e Benestar e pola Inspección de Traballo e Seguridade Social, e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ás previstas na lexislación do Consello de Contas. Neste sentido deberán conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

c) Dispoñer de libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, coa identificación en conta separada ou epígrafe específica da súa contabilidade de todos os ingresos e gastos de execución das accións realizadas, para garantir a rastrexabilidade dos pagamentos e o seguimento da pista de auditoría. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

d) Comunicar á Consellería de Traballo e Benestar a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

e) Comunicar á Consellería de Traballo e Benestar e á oficina de emprego correspondente os datos básicos das persoas desempregadas que se incorporan ao programa integrado, así como as baixas e as novas incorporacións a el, de acordo coas instrucións para a posta en marcha dos programas publicadas na páxina web institucional da Xunta de Galicia (http://traballo.xunta.es/programas-integrados).

f) Asegurar os participantes contra accidentes, tanto para as accións formativas como no caso de realización de prácticas profesionais non laborais. Será sempre sen franquía ou, na súa falta a carta de garantías deste, e terá polo menos a seguinte cobertura:

1. Asistencia médica, farmacéutica e hospitalaria para calquera accidente acontecido durante o horario de desenvolvemento da formación ou das prácticas, incluíndo o tempo necesario para o desprazamento do participante desde a súa residencia habitual ao lugar de impartición ou desenvolvemento (o desprazamento deberá cubrir calquera medio de locomoción).

2. Indemnización mínima de 30.000 euros por falecemento e mínima de 60.000 euros por invalidez permanente, derivadas ambas as situacións dun accidente na empresa onde se realicen as prácticas e no desprazamento.

2. O incumprimento total ou parcial de calquera das obrigas, condicións ou finalidades establecidas nesta orde, así como a falsidade comprobada en relación cos datos achegados para a súa obtención, orixinará, á vista da natureza e causas do incumprimento, a perda do dereito ao cobramento ou o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas xunto cos xuros de demora, nas condicións e de conformidade co establecido no título II (artigos 32 e seguintes) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo do establecido no título IV (artigos 50 e seguintes) da citada lei e no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

3. De conformidade co artigo 14.1.n) da citada Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, o importe que se reintegrará determinarase de acordo cos seguintes criterios de graduación dos posibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión das subvencións:

a) Incumprimento das condicións exixidas á entidade beneficiaria para a concesión da subvención: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionado.

b) Non realizar a actividade ou adoptar un comportamento contrario ao que fundamenta a concesión da subvención: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionado.

c) Incumprimento da obriga de presentación de documentación exixida no artigo 13: no caso de que non se presente ningunha documentación, procederá o reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionado, e no suposto de presentación de parte da documentación esixida ou de que a documentación presentada sexa incorrecta, o importe que se reintegre será proporcional ao gasto non xustificado.

d) Incumprimento das obrigas en materia de publicidade establecidas no artigo 14: reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionado.

e) Incumprimento dalgunha das obrigas previstas nas letras b), c), d), e) e f) do parágrafo primeiro deste artigo: reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionado, en cada caso.

Artigo 17. Participación institucional

A participación dos axentes sociais para os efectos do Servizo Público de Emprego efectuarase a través do Consello Autonómico de Emprego.

Disposición adicional primeira. A concesión das subvencións terá como límite global o crédito asignado para este fin na presente orde e o límite dos compromisos plurianuais que se adquiran ao abeiro do artigo 58.1.b) do Decreto 1/1999, do 7 de outubro polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, logo da autorización do compromiso plurianual por parte do Consello da Xunta.

Para os efectos do disposto no artigo 3.3 da Orde do 11 de febreiro de 1998 sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, na súa redacción dada pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola Orde do 25 de outubro de 2001, a concesión das axudas ou subvencións estará sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adeudado e suficiente no momento da resolución.

Disposición adicional segunda. Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar na persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación para conceder, autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos, así como para exixir do beneficiario o reintegro da subvención cando aprecie a existencia dalgún dos supostos de reintegro de cantidades percibidas establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En caso de ausencia, vacante ou enfermidade da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación, as atribucións citadas no parágrafo anterior serán exercidas temporalmente e mentres persistan aquelas circunstancias, pola persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social ou, na súa falta, pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, de acordo co disposto na disposición adicional primeira do Decreto 42/2013,
do 21 de febreiro, en relación coa Orde do 19 de agosto de 2009 da Consellería de Traballo e Benestar sobre delegación de competencias nos órganos superiores e nos xefes dos departamentos territoriais.

Disposición adicional terceira. En todo o non previsto na presente disposición será de aplicación a Orde TAS/2643/2003 do 18 de setembro, a Orde TAS 816/2005, do 21 de marzo, pola que se adecuan ao réxime xurídico establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, as normas reguladoras de subvencións que conceda o Servicio Público de Emprego Estatal nos ámbitos do emprego e de formación profesional ocupacional, así como o establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Disposición derradeira primeira. Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Disposición derradeira segunda. A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2014

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file