Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2015 Páx. 2463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 18 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2014/0009-0.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, por esta cédula notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expediente sancionador en materia de seguridade e saúde laboral.

Comunícaselle que a dita resolución por fin á vía administrativa e o interesado poderá formular recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde a súa notificación ante a conselleira de Traballo e Benestar, de acordo co establecido nos artigos 116 e 117 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben formular directamente recurso, ante os xulgados do social, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido nos artigos 2.n) e 6.2.b) da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Advírteselle que, de non interpoñer o citado recurso, terá que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar nos servizos centrais da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e no prazo que nel se sinala, dentro do prazo do pagamento do período voluntario, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2014

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Empresa

Domicilio Localidade

Nº de expediente

Data da resolución Consellería de Traballo e Benestar

Preceptos

Sanción imposta

Infrinxidos

Sancionadores

Francisco Javier López Álvarez

Rúa Loureiro, nº 4, Vigo

RL 2014/0009-0

28046/2014/4/H

24 de setembro de 2014

Artigos 14, 15, 16 e 44.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e artigo 4 e anexo II, número 4, do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipamentos de traballo.

Artigos 12.1.a), 12.16.b) e 13.3 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

218.000 €