Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 2015 Páx. 1878

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

ACORDO do 11 de decembro de 2014, da Comisión Executiva, polo que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes nesta entidade.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, ten como obxecto garantir e protexer, no que concirne ao tratamento dos datos persoais, as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente a súa honra e intimidade persoal e familiar. A citada lei é de aplicación aos datos de carácter persoal rexistrados en soporte físico, que os faga susceptibles de tratamento, e a toda modalidade de uso posterior destes datos polos sectores público e privado.

O artigo 20.1 da dita lei dispón que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente.

A entrada en vigor do regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, aprobado mediante o Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, introduciu, a través dos artigos 53 e 54, algunhas novidades en canto á forma e ao contido da disposición, destacando a necesidade de especificar o sistema de tratamento do ficheiro, que pode ser automatizado, non automatizado ou parcialmente automatizado.

No exercicio das competencias que teño atribuídas, e co fin de cumprir o establecido no artigo 20 da mencionada lei, así como no artigo 52 do regulamento de desenvolvemento desta,

DISPOÑO:

Primeiro. Os ficheiros do Consello da Cultura Galega serán os contidos no anexo deste acordo da Comisión Executiva.

Segundo. Créanse os ficheiros incluídos no anexo deste acordo da Comisión Executiva, en cumprimento do artigo 20 da Lei orgánica 15/1999 e do artigo 54.1 do regulamento de desenvolvemento.

Terceiro. Os ficheiros que se recollen no anexo deste acordo da Comisión Executiva rexeranse polas disposicións xerais e instrucións que se detallen para cada un deles e estarán sometidos, en todo caso, ás normas legais e regulamentarias de superior rango que lles sexan aplicables.

Cuarto. Os datos de carácter persoal incluídos nos ficheiros regulados por este acordo só serán utilizados para os fins expresamente previstos e declarados no anexo e polo persoal debidamente autorizado.

Quinto. Os datos só serán cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei e nos declarados no anexo. No suposto de cesión de datos ás administracións públicas, haberá que aterse ao disposto na normativa vixente respecto a esta materia.

Sexto. A responsabilidade sobre os ficheiros creados por este acordo correspóndelle á Xerencia do Consello da Cultura Galega, ante a cal se exercerán os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos que constan nos ficheiros.

Sétimo. Os ficheiros creados por este acordo encóntranse clasificados atendendo ao disposto no artigo 80 e seguintes do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro. No anexo aparece a clasificación (nivel básico, medio ou alto) dos ficheiros creados baixo este acordo. A persoa titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas técnicas, de xestión e organización que sexan necesarias para asegurar a confidencialidade e integridade dos datos, así como as conducentes a facer efectivas as garantías, obrigas e dereitos recoñecidos na Lei orgánica 15/1999 e nas súas normas de desenvolvemento.

Oitavo. En cumprimento do artigo 55 do regulamento de desenvolvemento da Lei 15/1999, os ficheiros serán notificados para a súa inscrición no Rexistro Xeral de Protección de Datos no prazo de trinta días desde a publicación deste acordo da Comisión Executiva no Diario Oficial de Galicia.

Noveno. Este acordo da Comisión Executiva entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2014

Ramón Villares
Presidente do Consello da Cultura Galega

ANEXO I
Ficheiros de nova creación

Ficheiro: Recursos humanos

a) Identificación do ficheiro, indicando a súa denominación, así como a descrición da súa finalidade e usos previstos.

a.1) Identificación do ficheiro: Recursos humanos.

a.2) Finalidade e usos previstos: recadar datos de carácter identificativo e doutra índole do persoal da institución, coa finalidade de xestionar os dereitos e as obrigas derivadas da relación contractual empregado/Consello; mantemento das relacións de postos de traballo; formación de persoal; control horario; xestión de nómina; prevención de riscos laborais; concesión e xestión de permisos, licenzas e autorizacións; indemnización por razóns de servizo e xestión dos servizos ao persoal.

b) Orixe dos datos, indicando o colectivo de persoas sobre o cal se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulte obrigado a subministralos, o procedemento de recollida dos datos e a súa procedencia.

b.1) Colectivo: persoal do Consello da Cultura Galega.

b.2) Procedencia:

O/A propio/a interesado/a ou representante legal, administracións públicas e entidades públicas vinculadas ou dependentes.

Procedemento de recollida: declaración e formularios electrónicos e en papel.

c) Estrutura básica do ficheiro e sistema de tratamento utilizado na súa organización.

c.1) Estrutura:

Datos identificativos: NIF/DNI, núm. SS/mutualidade, nome e apelidos, enderezo postal, teléfono, sinatura.

Datos de características persoais: datos de estado civil, datos de familia, data de nacemento, idade, sexo, nacionalidade.

Outros datos: datos de saúde necesarios para a xestión de nóminas.

Datos académicos e profesionais: formación, titulacións, experiencia profesional.

Datos de detalles de emprego: corpo/escala, categoría/grao.

Datos de circunstancias sociais: licenzas, permisos, autorizacións, compatibilidades.

Datos económico-financeiros e de seguros: datos bancarios, datos económicos de nómina, datos de deducións impositivas/impostos, datos de axudas de acción social.

Datos relativos á comisión de infraccións: infraccións administrativas. (Normas que permiten o seu tratamento: Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, e Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores).

c.2) Sistema de tratamento: ficheiro parcialmente automatizado.

d) Comunicacións dos datos previstas.

Organismos da Seguridade Social, Facenda pública e Administración tributaria, mutualidades laborais, entidades sanitarias, órganos sindicais, órganos de representación dos empregados públicos e entidades financeiras. (O tratamento responde á libre e lexítima aceptación dunha relación xurídica cuxo desenvolvemento, cumprimento e control impliquen necesariamente a comunicación dos datos a terceiros).

e) Transferencias internacionais previstas a terceiros países.

Non se realizan ou non están previstos tratamentos de datos fóra do territorio do Espazo Económico Europeo.

f) Órganos responsables do ficheiro.

Xerencia do Consello da Cultura Galega.

g) Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Xerencia do Consello da Cultura Galega, Pazo de Raxoi, 2ª planta, 15705 Santiago de Compostela.

h) Nivel de medidas de seguridade: nivel medio.

Ficheiro: Procesos selectivos

a) Identificación do ficheiro, indicando a súa denominación, así como a descrición da súa finalidade e usos previstos.

a.1) Identificación do ficheiro: Procesos selectivos.

a.2) Finalidade e usos previstos: recadar datos de tipo identificativo, titulación e formación co obxectivo de realizar procesos de selección.

b) Orixe dos datos, indicando o colectivo de persoas sobre o cal se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulte obrigado a subministralos, o procedemento de recollida dos datos e a súa procedencia.

b.1) Colectivo: participantes de procesos selectivos demandantes de emprego e solicitantes de bolsas.

b.2) Procedencia:

O/A propio/a interesado/a ou representante legal e administracións públicas.

Procedemento de recollida: formularios electrónicos e en papel.

c) Estrutura básica do ficheiro e sistema de tratamento utilizado na súa organización.

c.1) Estrutura:

Datos identificativos: NIF/DNI, núm. SS, nome e apelidos, enderezo postal, teléfono, sinatura.

Datos de características persoais: data de nacemento, idade, sexo e nacionalidade.

Datos académicos e profesionais: formación, titulacións, experiencia profesional.

c.2) Sistema de tratamento: ficheiro parcialmente automatizado.

d) Comunicacións dos datos previstas.

Non se prevén cesións ou comunicacións de datos.

e) Transferencias internacionais previstas a terceiros países.

Non se realizan ou non están previstos tratamentos de datos fóra do territorio do Espazo Económico Europeo.

f) Órganos responsables do ficheiro.

Xerencia do Consello da Cultura Galega.

g) Servizos ou unidades ante os cales se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Xerencia do Consello da Cultura Galega, Pazo de Raxoi, 2ª planta, 15705 Santiago de Compostela.

h) Nivel de medidas de seguridade: nivel básico.

Ficheiro: Actividades dirixidas á cidadanía

a) Identificación do ficheiro, indicando a súa denominación, así como a descrición da súa finalidade e usos previstos.

a.1) Identificación do ficheiro: Actividades dirixidas á cidadanía.

a.2) Finalidade e usos previstos: recadar datos de carácter identificativo para xestionar as relacións informativas con institucións, entidades privadas e cidadáns/ás, coa finalidade de realizar eventos e actividades dirixidas á cidadanía.

b) Orixe dos datos, indicando o colectivo de persoas sobre o cal se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulte obrigado a subministralos, o procedemento de recollida dos datos e a súa procedencia.

b.1) Colectivo: persoas de contacto de entidades, empresas, cidadáns/ás e asistentes.

b.2) Procedencia:

O/A propio/a interesado/a ou representante legal, entidades, empresas, outras persoas físicas, bases de datos públicas, fontes accesibles ao público, listas de persoas pertencentes a grupos profesionais, administracións públicas.

Procedemento de recollida: formularios electrónicos e en papel.

c) Estrutura básica do ficheiro e sistema de tratamento utilizado na súa organización.

c.1) Estrutura:

Datos identificativos: NIF/DNI, nome e apelidos, enderezo postal, teléfono.

Datos de características persoais: data de nacemento, idade, sexo.

Datos académicos e profesionais: formación, titulacións, experiencia profesional.

c.2) Sistema de tratamento: ficheiro parcialmente automatizado.

d) Comunicacións dos datos previstas.

Visitantes da páxina web do Consello da Cultura Galega (existe consentimento dos afectados). (Prevese a publicación de datos na web do Consello da Cultura Galega).

e) Transferencias internacionais previstas a terceiros países.

Non se realizan ou non están previstos tratamentos de datos fóra do territorio do Espazo Económico Europeo.

f) Órganos responsables do ficheiro.

Xerencia do Consello da Cultura Galega.

g) Servizos ou unidades ante os cales poden exercerse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Xerencia do Consello da Cultura Galega, Pazo de Raxoi, 2ª planta, 15705 Santiago de Compostela.

h) Nivel de medidas de seguridade: nivel básico.

Ficheiro: Rexistro do Consello da Cultura Galega

a) Identificación do ficheiro, indicando a súa denominación, así como a descrición da súa finalidade e usos previstos.

a.1) Identificación do ficheiro: Rexistro do Consello da Cultura Galega.

a.2) Finalidade e usos previstos: rexistro de entrada e saída de documentos.

b) Orixe dos datos, indicando o colectivo de persoas sobre o cal se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulte obrigado a subministralos, o procedemento de recollida dos datos e a súa procedencia.

b.1) Colectivo: aquelas persoas vinculadas a algún procedemento administrativo que deba ser resolto polo Consello da Cultura Galega (empregados, cidadáns/ás e residentes, solicitantes).

b.2) Procedencia:

O/A propio/a interesado/a ou representante legal.

Procedemento de recollida: documentos achegados polos/as interesados/as tanto en papel como electrónicos.

c) Estrutura básica do ficheiro e sistema de tratamento utilizado na súa organización.

c.1) Estrutura:

Datos identificativos: NIF/DNI, nome e apelidos, enderezo postal, teléfono, sinatura/pegada, datos achegados no documento presentado.

Datos de características persoais: os achegados no documento presentado.

Datos de circunstancias sociais: os achegados no documento presentado.

Datos académicos e profesionais: os achegados no documento presentado.

Datos de detalles de emprego: os achegados no documento presentado.

Datos de información comercial: os achegados no documento presentado.

Datos económico-financeiros e de seguros: os achegados no documento presentado.

Datos de transaccións: os achegados no documento presentado.

c.2) Sistema de tratamento: ficheiro parcialmente automatizado.

d) Comunicacións dos datos previstas.

Prevese a cesión de datos a outras administracións.

e) Transferencias internacionais previstas a terceiros países.

Non se realizan ou non están previstos tratamentos de datos fóra do territorio do Espazo Económico Europeo.

f) Órganos responsables do ficheiro.

Xerencia do Consello da Cultura Galega.

g) Servizos ou unidades ante os cales poden exercerse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Xerencia do Consello da Cultura Galega, Pazo de Raxoi, 2ª planta, 15705 Santiago de Compostela.

h) Nivel de medidas de seguridade: nivel medio.

Ficheiro: Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, entidades
privadas e terceiros

a) Identificación do ficheiro, indicando a súa denominación, así como a descrición da súa finalidade e os usos previstos.

a.1) Identificación do ficheiro: Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, entidades privadas e terceiros.

a.2) Finalidade e usos previstos: xestión das relacións económicas con terceiros, xestión da contratación administrativa e facturación dos servizos e traballos. Facenda e xestión económico-financeira, xestión económica e contable e xestión de facturación.

b) Orixe dos datos, indicando o colectivo de persoas sobre o cal se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulte obrigado a subministralos, o procedemento de recollida dos datos e a súa procedencia.

b.1) Colectivo: licitadores, entidades e empresas (provedores, representantes legais).

b.2) Procedencia:

O/A propio/a interesado/a ou representante legal e entidades privadas.

Procedemento de recollida: formularios, pregos e escritos dos/das interesados/as.

c) Estrutura básica do ficheiro e sistema de tratamento utilizado na súa organización.

c.1) Estrutura:

Datos identificativos: NIF/DNI, nome e apelidos, enderezo postal, teléfono, sinatura/pegada.

Datos de características persoais: data de nacemento, idade, sexo, nacionalidade.

Datos de circunstancias sociais: propiedades, posesións.

Datos académicos e profesionais: formación, titulacións, experiencia profesional.

Datos de información comercial: actividades e negocios.

Datos económico-financeiros e de seguros: ingresos, rendas, datos bancarios.

c.2) Sistema de tratamento: ficheiro parcialmente automatizado.

d) Comunicacións dos datos previstas.

Facenda pública, Administración tributaria e outras administracións públicas, bancos, caixas de aforro e caixas rurais. (O tratamento responde á libre e lexítima aceptación dunha relación xurídica cuxo desenvolvemento, cumprimento e control implique necesariamente a comunicación dos datos a terceiros).

e) Transferencias internacionais previstas a terceiros países.

Non se realizan ou non están previstos tratamentos de datos fóra do territorio do Espazo Económico Europeo.

f) Órganos responsables do ficheiro.

Xerencia do Consello da Cultura Galega.

g) Servizos ou unidades ante os cales poden exercerse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Xerencia do Consello da Cultura Galega, Pazo de Raxoi, 2ª planta, 15705 Santiago de Compostela.

h) Nivel de medidas de seguridade: nivel medio.

Ficheiro: Integrantes do Consello da Cultura Galega

a) Identificación do ficheiro, indicando a súa denominación, así como a descrición da súa finalidade e os usos previstos.

a.1) Identificación do ficheiro: Integrantes do Consello da Cultura Galega.

a.2) Finalidade e usos previstos: recadar datos de carácter identificativo e doutra índole das persoas que forman parte da institución, coa finalidade de xestionar os dereitos e as obrigas derivadas da relación membro/Consello.

b) Orixe dos datos, indicando o colectivo de persoas sobre o cal se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulte obrigado a subministralos, o procedemento de recollida dos datos e a súa procedencia.

b.1) Colectivo: integrantes do Plenario, seccións e comisións técnicas do Consello da Cultura Galega.

b.2) Procedencia:

O/A propio/a interesado/a ou representante legal, administracións públicas e entidades públicas.

Procedemento de recollida: formularios electrónicos e en papel.

c) Estrutura básica do ficheiro e sistema de tratamento utilizado na súa organización.

c.1) Estrutura:

Datos identificativos: NIF/DNI, nome e apelidos, enderezo postal, teléfono, sinatura.

Datos de características persoais: data de nacemento, idade, sexo.

Datos académicos e profesionais: formación, titulacións, experiencia profesional.

Datos económico-financeiros e de seguros: datos bancarios, datos de deducións impositivas/impostos.

c.2) Sistema de tratamento: ficheiro parcialmente automatizado.

d) Comunicacións dos datos previstas.

Facenda pública, Administración tributaria e outras administracións públicas. (O tratamento responde á libre e lexítima aceptación dunha relación xurídica cuxo desenvolvemento, cumprimento e control implique necesariamente a comunicación dos datos a terceiros).

Visitantes da páxina web do Consello da Cultura Galega (existe consentimento dos afectados). Prevese a publicación de datos na web do Consello da Cultura Galega.

e) Transferencias internacionais previstas a terceiros países.

Non se realizan ou non están previstos tratamentos de datos fóra do territorio do Espazo Económico Europeo.

f) Órganos responsables do ficheiro.

Xerencia do Consello da Cultura Galega.

g) Servizos ou unidades ante os cales poden exercerse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Xerencia do Consello da Cultura Galega, Pazo de Raxoi, 2ª Planta, 15705 Santiago de Compostela.

h) Nivel de medidas de seguridade: nivel básico.

Ficheiro: Realización de prácticas

a) Identificación do ficheiro, indicando a súa denominación, así como a descrición da súa finalidade e usos previstos.

a.1) Identificación do ficheiro: Realización de prácticas.

a.2) Finalidade e usos previstos: recadar datos de carácter identificativo e doutra índole coa finalidade de xestionar prácticas con estudantes universitarios e con estudantes de formación profesional.

b) Orixe dos datos, indicando o colectivo de persoas sobre o cal se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulte obrigado a subministralos, o procedemento de recollida dos datos e a súa procedencia.

b.1) Colectivo: estudantes en prácticas.

b.2) Procedencia:

O/A propio/a interesado/a ou representante legal e administracións públicas.

Procedemento de recollida: formularios electrónicos e en papel.

c) Estrutura básica do ficheiro e sistema de tratamento utilizado na súa organización.

c.1) Estrutura:

Datos identificativos: NIF/DNI, núm. SS/mutualidade, nome e apelidos, enderezo postal, teléfono, sinatura/pegada.

Datos de características persoais: data de nacemento, idade, sexo, nacionalidade.

Datos académicos e profesionais: formación, titulación, historial de estudante, experiencia profesional.

Datos económico-financeiros e de seguros: datos económicos de nómina, datos de deducións impositivas/impostos.

c.2) Sistema de tratamento: ficheiro parcialmente automatizado.

d) Comunicacións dos datos previstas.

Organismos da Seguridade Social, Facenda pública e Administración tributaria, mutualidades laborais, órganos sindicais, órganos de representación dos empregados públicos e entidades financeiras. (O tratamento responde á libre e lexítima aceptación dunha relación xurídica cuxo desenvolvemento, cumprimento e control implique necesariamente a comunicación dos datos a terceiros).