A Dirección de Augas de Galicia, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola presidencia do organismo e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública, procede a dar publicidade á actuación encomendada que a continuación se relaciona:
1. Entidade encomendante.
Organismo: Augas de Galicia.
Actuación: servizo.
Tipo de tramitación: encomenda de xestión á Empresa de Transformación Agraria, S.A. como medio propio instrumental e servizo técnico do poder adxudicador.
2. Obxecto da encomenda de xestión.
Título: servizo de vixilancia, mantemento e posta en marcha da estación depuradora de augas residuais de Ribadumia.
Clave do expediente: OH.336.1102.
Descrición: coa realización desta encomenda de xestión satisfaise a necesidade de xestionar os sistemas de depuración de augas residuais de Ribadumia para o seu funcionamento correcto e continuo.
Orzamento: importe neto: 133.835,12 euros. Importe total: 147.218,63 euros.
Data da formalización da encomenda de xestión: 29 de decembro de 2014.
Prazo de vixencia: catro meses, desde o 1 de xaneiro ata o 30 de abril de 2015, prevéndose a posibilidade de prórrogas.
Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2015
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia