Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 2015 Páx. 1912

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (956/2011).

Pilar Sández González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, fai saber que no presente procedemento ordinario nº 956/2011, seguido por instancia de Yenny Gándara Muíño fronte a Jesús Alonso Rodríguez, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 9 de maio de 2013.

Tatiana de Francisco López, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, vistos os autos correspondentes ao xuízo ordinario de reclamación de cantidade rexistrado co número arriba indicado, promovidos polo procurador dos tribunais Alberto Vidal Ruibal, en nome e representación de Yenny Gándara Muíño, contra Jesús Alonso Rodríguez, en situación de rebeldía procesual, dita a presente sentenza con base nos seguintes:

Resolución:

Que admitindo integramente a demanda presentada por Yenny Gándara Muíño, debo condenar e condeno a Jesús Alonso Rodríguez a que aboe á demandante a cantidade de 40.881,51 euros, así como o xuro previsto no fundamento segundo desta sentenza. As custas impóñenselle á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é firme. Contra ela cabe recurso de apelación, que se deberá preparar neste xulgado no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

Únase a presente resolución ao libro da súa clase, deixando nos autos testemuño desta.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa. Tatiana de Francisco López, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 2 desta localidade e do seu partido xudicial».

E encontrándose o dito demandado, Jesús Alonso Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 6 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial