Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 2015 Páx. 1911

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (552/2012).

Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, fai saber que no presente anuncio:

No procedemento de xuízo ordinario 552/2012, seguido por instancia de César Maceiras Torres fronte a Raquel Martínez Souto, Pablo Martínez Souto, herdeiros descoñecidos e incertos de Antonio Martínez Fuentes, José A. Martínez Vázquez, Camila Martínez Vázquez, Luz María Martínez Vázquez, Josefa Martínez Vázquez, Manuel Martínez Vázquez, Manuel Martínez Vázquez, se ditou sentenza con data do 30 de setembro de 2014.

E encontrándose os demandados herdeiros descoñecidos e incertos de Antonio Martínez Fuentes en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma. Fáiselles saber aos interesados que poderán dirixirse a esta oficina co fin de ter coñecemento íntegro do acto.

O presente edicto servirá de notificación aos demais demandados no caso de que non sexa posible a súa notificación persoal.

Contra a resolución indicada cabe recurso de apelación no prazo de vinte días contado desde o seguinte ao da notificación.

A Coruña, 5 de decembro de 2014

A secretaria xudicial