Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 2015 Páx. 1908

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (580/2013).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 580/2013, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a empresa Sabino Sánchez Iglesias e Issai Raposo Reboredo sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña con data do 23.7.2012, en autos nº 612/2011, debemos revogar e revogamos a devandita resolución e, con estimación parcial da demanda, declaramos que a situación clínica deo Sr. Issai Raposo é cualificable de invalidez permanente no grao de parcial, derivada de accidente de traballo, e condenamos os codemandados a se ater á anterior declaración, e a Mutua ao seu aboamento na cantidade de 24 mensualidades da súa base reguladora de 1.031,73 €, coa responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social. Absolvemos a empresa Sánchez Iglesias Sabino.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Sabino Sánchez Iglesias, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de decembro de 2014

A secretaria xudicial