Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 2015 Páx. 1777

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2014

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO
Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral
do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, na súa reunión que tivo lugar o día 1 de decembro de 2014, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación co artigo 23.e), por conexión, coa disposición transitoria oitava da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.

Segundo. Designar un grupo de traballo para proporlle á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

Terceiro. Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, así como inserir o presente acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 1 de decembro de 2014

Cristóbal Montoro Romero Alfonso Rueda Valenzuela
Ministro de Facenda Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
e Administracións Públicas Administracións Públicas e Xustiza