Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 2015 Páx. 1927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade á tramitación, mediante procedemento anticipado de gasto, dos traballos de prestación dun servizo técnico cualificado durante o exercicio 2015 por parte da empresa Tecnoloxías e Servizos Agrarios (Tragsatec), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, nun máximo dun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, temas prioritarios 47, 48 e 53.

1. Encomenda de xestión relativa ao servizo técnico cualificado para a predición do clima, o seguimento do estado ecolóxico das augas e o control da calidade do aire, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo dun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, temas prioritarios, 3.47-Calidade do aire, 3.48-Prevención e control integrados da contaminación e 3.53-Prevención de riscos.

– Actividade. Apoio técnico cualificado á parte das funcións desenvoltas pola Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Investigación, principalmente na predición e difusión meteorolóxica, no seguimento do estado ecolóxico das augas e no control da calidade do aire, mediante o desenvolvemento das actuacións descritas no texto da encomenda.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia. O período de execución comeza o 1 de xaneiro de 2015 e termina o 31 de decembro de 2015.

– Modalidade de financiamento. Esta encomenda finánciase nun máximo dun 80 % a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, encadrándose nos temas prioritarios 3.47-Calidade do aire, 3.48-Prevención e control integrados da contaminación e 3.53-Prevención de riscos.

– Tipo de expediente. Anticipado de gasto. Dado que a execución deste servizo se prevé exclusivamente en anualidades posteriores ao presente exercicio (ano 2015), a súa eficacia queda sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas deste, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas