Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 2015 Páx. 1925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade á tramitación, mediante procedemento anticipado de gasto, dos traballos de prestación de varios servizos técnicos cualificados durante o exercicio 2015 por parte da empresa Tecnoloxías e Servizos Agrarios (Tragsatec).

1. Servizo técnico cualificado para o control, xestión e análise de proxectos e actividades relacionadas cos procedementos de avaliación ambiental e coa autorización ambiental integrada.

– Actividade: apoio técnico cualificado en parte das funcións desenvoltas pola Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental, nos ámbitos da avaliación ambiental estratéxica, avaliación do impacto ambiental e nos ámbitos da autorización ambiental integrada.

– Natureza e alcance do servizo técnico prestado: este servizo ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: o período de execución comeza o 1 de xaneiro de 2015 e termina o 31 de decembro de 2015.

– Tipo de expediente: anticipado de gasto. Dado que a execución deste servizo prevé exclusivamente anualidades posteriores ao presente exercicio (ano 2015), a súa eficacia queda sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas deste, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

2. Servizo técnico cualificado para a análise, a xestión e o control de expedientes de produtores e xestores de residuos e a implantación, a xestión, a execución e o seguimento das liñas estratéxicas do Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2010-2020.

– Actividade: apoio técnico cualificado en parte das funcións desenvoltas pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en particular nos expedientes relativos aos produtores e xestores de residuos e nas actividades de posta en marcha do Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2010-2020.

– Natureza e alcance do servizo técnico prestado: este servizo ten natureza intersubxectiva ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: o período de execución comeza o 1 de xaneiro de 2015 e terminará o 31 de decembro de 2015.

– Tipo de expediente: anticipado de gasto. Dado que a execución deste servizo se prevé exclusivamente en anualidades posteriores ao presente exercicio (ano 2015), a súa eficacia queda sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas deste, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas