De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante esta cédula a Jesús José Cedeira Vázquez o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia, do 9 de outubro de 2014, mediante o cal se resolve o recurso de reposición do predio 114, sito en Arteixo, relativo ao proxecto 00833, expediente 2013/000183, cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i ), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.
3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2014
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o que se expropia: 00833-proxecto sectorial do Parque de Actividades Económicas de Arteixo.
Nº de expediente: 2013/000183.
Persoa para notificar: Jesús José Cedeira Vázquez.
Expropiante: Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Expropiado: Jesús José Cedeira Vázquez.
Beneficiario: Xestur A Coruña, S.A.
Predio nº: 114.
Concello: Arteixo.
Provincia: A Coruña.
Valoración resolución do Xurado: 53.163,08 €.