Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2015 Páx. 1755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 12 de decembro de 2014 pola que se notifica o Acordo do 23 de outubro de 2014 que fixa o prezo xusto do predio número 017-comp, sito en Ponte Caldelas, relativo ao proxecto 01148 (expediente 2014/000118).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

Primeiro. Notificarlle mediante esta cédula a Concepción Lealdina Cerviño Martínez o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 23 de outubro de 2014 que fixa o prezo xusto do predio número 017-comp, sito en Ponte Caldelas, relativo ao proxecto 01148, expediente 2014/000118, cuxos datos se relacionan no anexo.

Segundo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpor directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interporse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente rexeitado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela 15703.

Terceiro. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01148 acondicionamento da estrada PO-255 Ponte Caldelas-PO-250 (Forzáns) e PO-241. Treito: Caritel-A Lama. Clave: PO/07/033.01.

Nº de expediente: 2014/000118.

Persoa que se notifica: Concepción Lealdina Cerviño Martínez.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Expropiada: Concepción Lealdina Cerviño Martínez.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Predio nº: 017-comp.

Concello: Ponte Caldelas.

Provincia: Pontevedra.

Valoración da resolución do Xurado: 466,12 €.