Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2015 Páx. 1762

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Miño

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial do sector residencial Perbes-San Xoán de Vilanova.

O Pleno Municipal, na sesión extraordinaria do 27 de novembro de 2014, aprobou definitivamente por maioría absoluta dos concelleiros o acordo que se transcribe a seguir e que se fai público para o seu coñecemento:

«Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación puntual do artigo 69 do Plan parcial do sector residencial deportivo Perbes-San Xoán de Vilanova, que terá a seguinte redacción:

“Artigo 69. Recuamentos e separación a lindeiros

Para cada ordenanza particular estableceranse os recuamentos necesarios, que se fixarán ben pola distancia á aliñación da parcela ou ben ao eixe da vía. No caso das vivendas en ringleira, os garaxes poderán acaroarse aos lindeiros e, como é evidente, só se terán en conta os recuamentos á aliñación e ao lindeiro de fondo.

Nas ordenanzas 2 e 3 autorízase a construción de piscinas descubertas dentro das parcelas privadas, que non computarán para os efectos de ocupación, e con recuamentos inferiores aos sinalados nas ordenanzas particulares para o resto das edificacións. Deberán cumprir as seguintes condicións:

– O bordo do vaso estará separado 1,00 metro dos lindeiros da parcela e aliñación da rúa.

– A caseta de depuración recuarase respecto dos lindeiros da parcela 0,50 metros se está soterrada e 2,00 metros se sobresae respecto da rasante do terreo”.

Este acordo deberá publicarse, no prazo dun mes, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, de conformidade co sinalado no artigo 92, número 2, da Lei 9/2002.

O que se fará público para a súa executividade, significando que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderán interpor directamente aqueles que se consideren lexitimados recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, conforme o establecido nos artigos 10.1.6 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpor calquera outro recurso que os interesados xulguen procedente en dereito, significándolles que o artigo 107.3 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral».

Miño, 16 de decembro de 2014

Jesús Veiga Sabín
Alcalde