Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2015 Páx. 1761

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mazaricos

ANUNCIO de ampliación do cemiterio de Colúns.

Faise público que o Arcebispado de Santiago de Compostela solicitou licenza para desenvolver a actividade de ampliacion do cemiterio de Colúns, comprendida no ámbito de aplicación do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

Presentada a solicitude de documentación anexa requirida pola normativa, e para os efectos de cumprir o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, o expediente de referencia exponse ao público por un período de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia correspondente e exposición no taboleiro de anuncios do concello.

Deste xeito todos os interesados ou afectados pola actividade obxecto deste expediente poden consultalo nas dependencias municipais e efectuar as alegacións ou observacións que xulguen pertinentes.

Ademais, dado que o expediente para ampliación do cemiterio debe obter a correspondente autorización sanitaria, este anuncio servirá igualmente para os efectos de cumprir o trámite de exposición pública a que se refire o artigo 52 do Decreto 134/1998, do 23 de abril de policía sanitaria mortuoria.

Mazaricos, 7 de decembro de 2014

José M. Santos Maneiro
Alcalde