Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 8 de xaneiro de 2015 Páx. 759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican resolucións de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expedientes OU-2013/00102 e OU-2012/00272).

Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e logo de intentar a notificación aos interesados que se indican a seguir sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio que se ditou resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avda. da Habana, 79, 2º, 32004 Ourense.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 21 de novembro de 2014

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza en Ourense

ANEXO

Nº expediente

Interesados

NIF

OU-2013/00102

Deusilene da Silva Coutiño

FH462859

OU-2012/00272

Nely Yordanova Nicolaeva

X6016981C