Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e logo de intentar a notificación aos interesados que se indican a seguir sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio que se ditaron resolucións de cancelación das inscricións no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avda. da Habana, 79, 2º, 32004 Ourense.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
Ourense, 1 de decembro de 2014
P.A.
María Luz Fernández Quintas
Xefa do Servizo de Xestión Técnico Administrativa e Interior
ANEXO
Nº expediente |
Interesados |
NIF |
OU-2012/00275 |
Aboubacar Fofana |
Y2633404X |
OU-2012/00239 |
Margarita María Santos Toribio |
SG3068663 |