Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 8 de xaneiro de 2015 Páx. 758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifican as resolucións de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expedientes LU-PF-18/2008 e LU-PF-137/2010).

Intentada a notificación as interesadas que se indican a seguir sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se ditou resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

O expediente relacionado atópase á disposición das interesadas para que, de ser o caso, poidan consultalo na citada Xefatura Territorial de Lugo, situada na rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Lugo, 30 de xuño de 2014

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente

NIF

Interesadas

LU-PF-18/2008

33349131M

Tamara Fouz Seoane

LU-PF-137/2010

FB061544

Carla Cristina Simoes Marcal