Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 8 de xaneiro de 2015 Páx. 754

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (259/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 259/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Emilio Gómez Forján contra Coruña Dos, S.L., Xunta de Galicia, Santiago Dos, S.L., José Allegue Seoane, Fondo de Garantía Salarial, Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, S.A., Concello de Santiago de Compostela, sobre despedimento, se ditou sentenza nº 489, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza

En Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2014.

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 259/2014, seguidos por instancia de Emilio Gómez Forján, representado pola graduado social Sra. Mallo Nieves, contra a entidade Santiago Dos, S.L., representada polo Sr. Juan Fraga e asistida polo letrado Sr. Lorenzo Rubín (en situación de concurso de acredores, da que é administrador concursal o Sr. Allegue Seoane, que non comparece neste acto); contra a entidade Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, S.A. (en diante, TUSSA), representada por José Ramón Mosquera e asistida polo letrado Sr. Martín López; contra o Concello de Santiago de Compostela, representado pola procuradora Sra. Alfonsín Somoza e asistido polo letrado Sr. Yañes Vilas; contra a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, representada e asistida polo letrado da Xunta, e contra o Fogasa e a entidade Coruña Dos, S.L., que non comparecen neste acto malia estaren debidamente citadas, sobre despedimento.

(…)

Resolución

Que debo estimar parcialmente a demanda presentada por instancia de Emilio Gómez Forján, representado pola graduado social Sra. Mallo Nieves, contra a entidade Santiago Dos, S.L., representada polo Sr. Juan Fraga e asistida polo letrado Sr. Lorenzo Rubín (en situación de concurso de acredores, da que é administrador concursal o Sr. Allegue Seoane); contra a entidade Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, S.A., representada por José Ramón Mosquera e asistida polo letrado Sr. Martín López; contra o Concello de Santiago de Compostela, representado pola procuradora Sra. Alfonsín Somoza e asistido polo letrado Sr. Yañes Vilas; contra a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, representada e asistida polo letrado da Xunta, e contra o Fogasa e a entidade Coruña Dos, S.L., sobre despedimento e, en consecuencia:

Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa Santiago Dos, S.L. a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 45,83 €/día) ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento da cantidade de 25.195,04 euros en concepto de indemnización.

A devandita opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

Debo condenar e condeno o Sr. Allegue Seoane a se ater a esta declaración, unicamente na súa condición de administración concursal da empresa Santiago Dos, S.L.

Debo absolver e absolvo as demais codemandadas de todos os pedimentos formulados na súa contra.

Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Coruña Dos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2014

A secretaria xudicial