Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 8 de xaneiro de 2015 Páx. 752

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (EPA 277-2013).

Execución parcial 277/2013

Procedemento de orixe: Seguridade Social 846/2011

Sobre Seguridade Social

Demandante: Eva Quintela Fraga

Demandadas: Savianco, S.C., Abemarsa, S.L., Saturnino Villaverde Muñiz, María Angélica Couce Cerdeira

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 277/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva Quintela Fraga contra a empresa Saturnino Villaverde Muñoz, Mª Angélica Couce Cerdeira, Abemarsa, S.L., Savianco, S.C., sobre reclamación de cantidade, foi ditado decreto con data do 15 de decembro de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva do decreto:

Acordo: reabrir a presente execución por terse ingresado na conta deste xulgado a suma de 273,42 euros, como consecuencia do embargo realizado sobre as devolucións tributarias pendentes de aboar a Mª Angélica Couce Cerdeira, e expedir o oportuno mandado a favor do executante pola referida suma, téndose por reducido o principal.

Ratifícase a insolvencia provisional parcial decretada por Decreto do 12 de maio de 2014 de Mª Angélica Couce Cerdeira, rectificando a cantidade pola que se declara, dado que na actualidade debe 386,85 euros de principal, máis 82,04 euros que provisionalmente se orzamentan para xuros, gastos e custas.

Librar mandado ao Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela, co fin de modificar a cantidade por que se inscribiu a insolvencia provisional parcial decretada de Mª Angélica Couce Cerdeira.

Verificado o anterior, devólvase ao arquivo, logo de nota no libro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non foren facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellante, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Saturnino Villaverde Muñiz, Mª Angélica Couce Cerdeira, Abemarsa, S.L., Savianco, S.C., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2014

A secretaria xudicial