Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 5 de xaneiro de 2015 Páx. 408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2014/118-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construcción das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CS Argón-Conservas Rivas.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ de 36 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS SDM702, entre os centros de transformación Barreiro-Vigo e Codovedo, tras realizar entrada e saída no CS proxectado Argón-Conservas Rivas. LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ de 74 metros de lonxitude, con orixe no CS proxectado e final no paso aerosubterráneo proxectado. Centro de seccionamento (Argón-Conservas Rivas) con celas compactas con corte en SF6, situado na rúa Severino Cobas, Lavadores, Vigo.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 16 de setembro de 2014, no BOP do 16 de setembro de 2014, no xornal Faro de Vigo do 5 de setembro de 2014 e no taboleiro de anuncios do concello de Vigo. Tamén se notificou individualmente aos titulares dos predios afectados pola instalación segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria. Durante o mencionado trámite recibiuse a seguinte alegación:

Con data do 2 de novembro de 2014, María Teresa Cameselle Rodríguez, en calidade de propietaria do predio situado en Vigo, Lavadores, rúa Severino Cobas, presenta escrito de alegacións nesta xefatura territorial en relación coa ocupación de parte do seu predio pola instalación proxectada, as cales son remitidas á empresa peticionaria para que realice, pola súa vez, as alegacións que considere pertinentes.

Unha vez examinadas as alegacións formuladas por ambas as partes, conclúese o seguinte:

Procede o recoñecemento, en concreto, de utilidade pública, para os efectos de expropiación forzosa, para a instalación proxectada.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, DOG nº 54, do 19 de marzo, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 9 de decembro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra