Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 5 de xaneiro de 2015 Páx. 406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ames (expediente IN407A 2014/190-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMT de alimentación a CS ETAP Lens.

Situación: Ames.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea, a 20 kV, cunha lonxitude de 58 m, con orixe en apoio nº 12/A proxectado, en condutor tipo LA-56 mm2 Al/54,6, e final no apoio nº 13 existente.

Liña de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 120 m, con orixe nos pasos aereosubterráneos proxectados no apoio nº 12/A proxectado, condutor tipo
RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no centro de seccionamento cliente proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 4 de decembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña