Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 2 de xaneiro de 2015 Páx. 139

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Viveiro

EDICTO (50/2012).

Marta Berta García Roces, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Viveiro, dá fe e testemuño que nos autos de procedemento ordinario 50/2012 consta a sentenza núm. 39/2014, do 28.2.2014, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza núm. 39/2014

En Viveiro, 28 de febreiro de 2014.

Vanessa María Formoso Castro, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Viveiro, examinadas as actuacións, ditou a seguinte sentenza.

Vistos os presentes autos de xuízo ordinario nº 50/2012, seguidos ante este xulgado por instancia de Inmaculada Calvo Ortega, representada polo procurador Sr. Cabado Iglesias e defendida polo letrado Sr. Patiño Junquera, contra Mieu Promociones y Edificaciones, S.L., non comparecida e declarada en rebeldía, sobre acción de cumprimento de contrato.

Resolución

Estimo a demanda interposta por Inmaculada Calo Ortega, representada polo procurador Sr. Cabado Iglesias e defendida polo letrado Sr. Patiño Junquera, contra Mieu Promociones y Edificaciones, S.L., non comparecida e declarada en rebeldía, e condeno a Mieu Promociones y Edificaciones, S.L., en cumprimento do contrato de compravenda do 14 de abril de 2007, a outorgar a escritura pública da vivenda sinalada coa letra C na cuarta planta do edificio construído en Veiga, municipio de Xove, duns 100 metros cadrados aproximadamente, cun rocho e dúas prazas de garaxe, libre de cargas e gravames.

Declaro que Inmaculada Calo Ortega, no concepto en que actúa, debe aboar a Mieu Promociones y Edificaciones, S.L., en concepto de parte do prezo pendente de aboamento, a cantidade de 110.876,14 euros. Con expresa imposición de custas.

Procede a condena en custas da parte demandada.

Expídase testemuño desta resolución, o cal se levará aos autos correspondentes, quedando o orixinal no presente libro.

Contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, que se deberá interpoñer ante este xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación. Advírtese a parte que desexe recorrer que debe constituír un depósito de 50 euros, así como a taxa xudicial que corresponda, salvo exención legal, na conta do xulgado, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, non se lle dará trámite ao recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa.

Publicación. A anterior sentenza foi dada, lida e publicada pola xuíza que a subscribe, en audiencia pública coa miña asistencia, no día da data. Dou fe».

E para que conste e para que sirva de notificación á entidade demandada Mieu Promociones y Edificaciones, S.L., declarada en rebeldía e en ignorado paradoiro, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino o presente edicto.

Viveiro, 20 de marzo de 2014

A secretaria xudicial